martes, 24 de decembro de 2019

Nadal no colexio

O último día de clase, aínda que tivemos que quedar no cole pola chuvia, foi xenial. Primeiro obradoiros, despois chocolate con doces caseiros e por último cantar as prosas. Foi tamén o día no que nos despedimos de Alba, a profe que nos acompañou durante mes e medio e que ha voltar, sempre que queira; xa sabe que en Quinto e no cole ten a súa 2ª casa.😍










De ovos e paspallás

Un ano máis Tino instalou a incubadora na entrada do cole para chocar uns ovos, desta volta de paspallás. Coma sempre, houbo grande expectación ata que empezaron a abrirse os ovos... Despois máis aínda! :-)



Na biblioteca

Por fin puidemos ir á biblioteca, ver as novidades, lembrar normas e facer os nosos primeiros prestamos deste curso.














domingo, 22 de decembro de 2019

3ª Mochila Viaxeira

Días de chuvia, vento, vacacións e boas lecturas para Hugo, que levou a Mochila Viaxeira de 5º este Nadal.



Creando contos

Chegamos á fase final da creación dos nosos contos colectivos. Despois de imaxinar, escoller, crear... redactamos a versión final en formato dixital.





martes, 17 de decembro de 2019

Aniversario de Lara

Lara está hoxe de aniversario 🎉🎉 A máis pequena da clase xa fixo os dez anos! Celebrámolo cun pastel de chocolate caseiro que nos trouxo Lara e que estaba boísimo.
Parabéns , Lara!

Parabéns para ti ... 🎵 🎵 🎵
Mmmmm!

Grazas polo biscoito, Lara!

Sombras

En Valores continuamos preparando unha obra de teatro de sombras que trata sobre o mar e que faremos á volta do Nadal. Vai indo moi ben 😉




venres, 6 de decembro de 2019

2ª Mochila Viaxeira


Desta vez a Mochila Viaxeira levouna Nerea, así de contenta.

Boas lecturas, Nerea! 

Xa nos contarás que tal. A Lara gustoulle; mirade o que escribiron nos Cadernos de Viaxe na primeira quenda de Mochilas.

Stellarium

Esta semana descubrimos un programa que teñen os nosos ordenadores de Edixgal, Stellarium e flipamos con el. É un planetario que permite ver o firmamento tal e como se ve a simple vista ou cun telescopio. Con el pódese calcular a posición do sol, a lúa, os planetas, e as constelacións. Encantounos! Aínda temos moito que fedellar e aprender con Stellarium pero xa sabemos que ten moitísimas posibilidades e que mola. 😃


 

martes, 3 de decembro de 2019

Árbores de Nadal

Este ano na decoración de Nadal do cole imos usar árbores feitas con revistas e tamén con libros vellos ou deteriorados, que se están a retirar da biblioteca. Como vedes nas fotos, gustounos moito aprender a facelos, algúns ata están viciados/as co de dobrar e dobrar papel 😆 E ademais, están quedando moi chulas!




Ciencia do día a día

Dália tróuxonos onte un frasquiño con slime, que atopara cuberto de balor. Era unha boa oportunidade para ver con detalle como son os mofos e seguir aprendendo sobre seres vivos.  José Luis tróuxonos un microscopio do cole. Perfecto! Xa tiñamos montada unha sesión de "ciencia do día a día" 😉
Agora teremos que seguir observando e experimentando... porque mola moito.

q

domingo, 1 de decembro de 2019

Titorial para cantar as prosas do Nadal



Traballazo de Quinto na Aula de Música!!! 😍 Parabéns!!

Todo en marcha para cantar as prosas do Nadal. Entrade no blog da biblioteca para ver o resto da información.

Saturno, Urano e o Sol

A semana pasada rematamos coas exposicións dos traballos de Sociais sobre os planetas. Breogán, Lara, Isabela, Abel e Dália presentaron un montón de información e datos curiosos sobre os seus planetas e o Sol.



Bo traballo, Breogán!
Bo traballo, Dália e Abel!
Bo traballo, Lara e Isabela!