domingo, 31 de maio de 2020

Temos moito conto!

Estas semanas estivemos traballando sobre o conto e acabamos escribindo, porque en 5º temos moito conto... que contar. Lede e veredes que variedade de historias e de estilos.

mércores, 27 de maio de 2020

Ecosistemas: especies en perigo

Como remate de todo o que levamos traballado sobre ecosistemas ides preparar unha presentación na que faledes sobre unha especie en perigo de extinción. 

Podedes escoller o animal ou vexetal sobre o que queredes traballar. Unha vez escollido:
1.  Buscade información nalgún dos enlaces que veñen máis abaixo, en libros ou revistas que teñades na casa ou nos recursos Edixgal de Naturais. 
2. Buscade fotos en internet para usar na presentación. 
3. Elaborade un guión con toda a información que teñades e...
4.  Comezade a preparar as vosas diapositivas.

A vosa presentación ten que ter:
1. Título e autor/a.
2. Descrición e características do ser vivo en perigo de extinción.
3. Habitat: onde vive.
4. Alimentación e que lugar ocupa na cadea alimentaria.
5. Causas de que estea en perigo de extinción. 
6. Outra información que consideredes interesante.
7. Bibliografía: onde buscastes a información.

Páxinas a consultar para escoller a especie sobre a que facer a presentación:
- Fauna en perigo de extinción. Consellería de Medioambiente, territorio e vivenda.

Para lembrar como traballar con Libre Office Impress:

Aniversario de Rubén

Hoxe é o aniversario de Rubén. Seguimos en estado de alarma, así que anotamos outra celebración pendente na nosa lista particular. Imos perder a conta de todo o que temos que celebrar cando volvamos á escola. 😉

MOITOS PARABÉNS, RUBÉN!!🎉🎉

Parabéns para ti 🎵🎵

Celebra os 11 anos por todo o alto! 🎈🎈

martes, 26 de maio de 2020

Predición do tempo

Enlazamos no blog a páxina de MeteoGalicia para que poidamos ir consultando as predicións do tempo  poñendo en práctica o que fomos aprendendo en Sociais e Matemáticas. Podemos consultar o tempo por concellos; aquí temos a previsión do tempo por concellos. Preme no enlace o na imaxe e busca no menú da esquerda o noso municipio para ver a predición.

https://www.meteogalicia.gal/web/predicion/localidades/localidadesIndex.action?request_locale=gl

Esta é a lenda que empregan en MeteoGalicia.


Que vos parece o tempo que nos agarda esta semana? 😎

mércores, 20 de maio de 2020

Plataforma do Libro Dixital

http://bega-elbe2.edu.xunta.es/opac/?locale=gl#indiceComezamos a usar a Plataforma de Lectura Dixital Elbe.2, unha biblioteca dixital promovida e xestionada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, que está ofertando a Biblioteca Brea Segade desde hai dous cursos. 

Esta plataforma pon á nosa disposición cerca de 2.000 títulos para ler en dixital. Iremos experimentando e probando este novo recurso que a BBS pon á disposición do alumnado de 5º e 6º.

Animádevos a descubrir o que nos oferta e contádenos que vos parece. 

As pitas baixo a choiva

As pitas baixo a choiva é un relato de Ricardo Carvalho Calero. A Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra en colaboración con Edicións Embora realizou a edición deste relato e un proxecto educativo que inclúe música e actividades para realizar con crianzas.
Entrade neste enlace para ver o conto, as cancións e as actividades. Vanvos gustar!

http://aspitas.gal/

domingo, 17 de maio de 2020

Día das Letras Galegas

Feliz Día das Letras Galegas!

  Entrade no blog da BBS e escoitade o programa especial Letras Galegas.
https://bibliobreasegade.blogspot.com/2020/05/radio-bbs-letras-galegas-2020.html


Parabéns polo traballo, 5º!

xoves, 14 de maio de 2020

Primavera das Letras: Ricardo Carvalho Calero

Como remate desta semana das Letras Galegas imos entrar na Primavera das Letras, a páxina que a Real Academia da Lingua Galega ten para que os nenos e nenas coñezan aos escritores/as homenaxeados cada 17 de maio, neste 2020 Ricardo Carvalho Calero. Tedes moitos recursos e actividades nesta páxina, tanto para imprimir como para facer en rede, animádevos a descubrilos.
Comezaremos por tres dos recursos interactivos:

Que agocha este nome? 
Para descubrir que son os pseudónimos e cales usaba Carvalho Calero. 

http://primaveradasletras.gal/que-agocha-este-nome/

As pitas baixo a chuvia
Descubre un dos poucos textos que Carvalho Calero escribiu para nenos/as.

http://primaveradasletras.gal/as-pitas-baixo-a-chuvia/
O mar
O mar estivo moi presente na obra de Carvalho Calero e é o tema que traballamos este curso desde o proxecto Rumbo a un mar de letras. Fai estas actividades para continuar aprendendo sobre o mar.

http://primaveradasletras.gal/o-mar/


E se o rematar queres continuar non deixes de probar coas outras propostas interactivas da Primavera das Letras.

luns, 11 de maio de 2020

Ricardo Carvalho Calero: descubrindo a súa obra

Agora que xa descubrimos algunhas cousas sobre a biografía de Ricardo Carvalho Calero imos comezar a coñecer parte da súa obra. O Seminario Galán preparou actividades sobre dous textos do escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2020. Imos alá! 

http://seminariogalan.org/inicio/ver/471

domingo, 10 de maio de 2020

Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero

Maio é o mes das nosas letras e este ano están adicadas ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Ímolo celebrar desde as nosas casas e imos comezar por descubrir quen foi Carvalho Calero. Entrade neste material elaborado polo Seminario Galán, ao que agradecemos un ano máis o seu traballo e compromiso na difusión dos escritores/as homenaxeados nas Letras Galegas e da nosa cultura.
http://seminariogalan.org/inicio/ver/470

sábado, 9 de maio de 2020

O tempo do revés

Comezamos unha nova lectura en común. Imos ler O tempo do revés de María Solar e ilustrado por Xosé Tomás. É outro dos títulos da colección de ciencia, Meiga Moira da Editorial Baía, dentro da súa iniciativa Con vós na casa, que nos permite ler libros de balde en rede. 
Con Boa Sorte aproveitamos para aprender e traballar sobre meteoroloxía, algunha idea de cal será a temática desta vez? 😉

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/OTempoDoReves_MariaSolar_BaiaEdicions.pdf

mércores, 6 de maio de 2020

Moitabarba

Hoxe estivemos lendo a historia do pirata Moitabarba que é un dos contos do libro Contos para nenos que dormen deseguida de Pinto e ChintoPinto e Chinto son o ilustrador David Pintor e o guionista Carlos López, que levan anos colaborando e publicando obras de literatura infantil tan coñecidas como: Nicomedes, Os xogos olímpicos de ningures ou Minimalario. 

O pirata Moitabarba ten unha "relación especial" cunha maceira.  Estes son os piratas Moitabarba que imaxinastes e debuxastes.

Que bo traballo! 😃










luns, 4 de maio de 2020

Ecosistemas

Para repasar e aprender sobre ecosistemas enlazamos este recurso LIM elaborado polos compañeiros/as do CEIP Friáns.

http://engalego.es/curso/lim/ecosistemas1/ecosistemas.html

Nordés

Nordés de Mercedes Peón e os Diplomáticos de Montealto foi un tema que se estreou no Xabarín Club en 1996, como colaboración destes músicos co programa da TVG, que era o favorito dos nenos e nenas galegos naquela época. Forma parte dun disco de colaboracións de moitos musicos galegos titulado A cantar co Xabarín e tamén do albúm Capetown dos Diplomáticos. Aquí tedes o vídeo que se fixo para o Xabarín Club.