Este trimestre en Lengua Castellana estuvimos traballando sobre diferentes tipos de textos, entre ellos los textos prescriptivos normativos. Aquí van las propuestas de normas para el colegio del aula de 6º. ¡No tienen desperdicio!
Rematamos a mañá coa biblio reconvertida nun grande estudo de radio no que 5º e 6º creamos e gravamos un programa cheo de imaxinación, información interesante e boas ideas. Foi unha mañá ben completa e ben produtiva!
En breve iremos compartindo podcasts do programa que gravamos.
Estas semanas estivemos traballando sobre o conto e acabamos escribindo, porque en 5º temos moito conto... que contar. Lede e veredes que variedade de historias e de estilos.
Como remate de todo o que levamos traballado sobre ecosistemas ides preparar unha presentación na que faledes sobre unha especie en perigo de extinción.
Podedes escoller o animal ou vexetal sobre o que queredes traballar. Unha vez escollido:
1. Buscade información nalgún dos enlaces que veñen máis abaixo, en libros ou revistas que teñades na casa ou nos recursos Edixgal de Naturais.
2. Buscade fotos en internet para usar na presentación.
3. Elaborade un guión con toda a información que teñades e...
4. Comezade a preparar as vosas diapositivas.
A vosa presentación ten que ter:
1. Título e autor/a.
2. Descrición e características do ser vivo en perigo de extinción.
3. Habitat: onde vive.
4. Alimentación e que lugar ocupa na cadea alimentaria.
5. Causas de que estea en perigo de extinción.
6. Outra información que consideredes interesante.
7. Bibliografía: onde buscastes a información.
Páxinas a consultar para escoller a especie sobre a que facer a presentación:
Sen, segundo, a, perante, catro follas cara adiante.
Xunta, dende, en, senón, oito follas nun sillón.
Onda, para,
deica, con,
moitas follas
no salón.
Antonio García Teijeiro, Cando caen as follas, Everest Galicia, 2006.
Lemos este poema de Antonio García Teijeiro e despois puxémonos a xogar coa rima e as preposicións. Mirade o resultado, as nosas coplas con preposicións.
Esta semana comezou a funcionar de novo a Radio BBS. Todos os cursos estamos participando na gravación dun programa para o Día da Paz. Hoxe foi o noso primeiro día de gravación e xa vedes que aspecto tan "radiofónico" temos, uns expert@s!
O luns á tarde celebrouse en Rianxo unha concentración contra a violencia machista. Diferentes colectivos e persoas leron manifestos e escritos para expresar o seu rexeitamento ao machismo e á violencia contra as mulleres. Nerea foi unha desas persoas 😍 Leu un texto sobre as festas da Guadalupe que escribiu no seu caderno do feminismo e fíxoo de marabilla. 😍 😍
Aquí tedes unha montaxe co escrito de Nerea. Dália e José Luis puxeron a música. Parabéns aos tres!
Esta semana comenzamos a escribir contos de medo inspirados pola lectura de Si quieres pasar miedo de Angela Sommer Bodenburg. Van ser contos de autoría colectiva, un por grupo, así que toca falar, negociar, chegar a acordos, colaborar... Como en moitas outras cousas, o proceso vai ser case máis importante que o resultado, pero polo que imos vendo, os resultados prometen 😉