xoves, 23 de xaneiro de 2020

Mochilas Viaxeiras 5


Hoxe Ezequiel e Noa marcharon coas Mochilas Viaxeiras de 5º. Aínda que polas caras de felicidade parece que houbo unha mochila para cada un dos da foto. 😆
Boas lecturas para os dous!

mércores, 22 de xaneiro de 2020

Gravando!

Esta semana comezou a funcionar de novo a Radio BBS.  Todos os cursos estamos participando na gravación dun programa para o Día da Paz. Hoxe foi o noso primeiro día de gravación e xa vedes que aspecto tan "radiofónico" temos, uns expert@s!



Preparando os textos para locutar





martes, 21 de xaneiro de 2020

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Non violencia e paz no mundo pero tamén no noso entorno máis proximo: a casa, a aldea, a escola, aula... Nestas semanas imos traballar e reflexionar sobre os conflitos e a súa resolución.
Nesta entrada imos enlazar páxinas que nos axudarán a entender mellor cal son os conflitos que se están a vivir no mundo na actualidade.
Comezamos con dúas entradas, unha de Ayuda en Acción e outra de Intermon Oxfam. 

Guerras e conflitos no 2020.

Países en guerra actualmente.

venres, 17 de xaneiro de 2020

Facendo sombras

Temos a sorte de que os Quinquilláns nos deixaron prestado o seu escenario de teatro de sombras, para ensaiar e representar a obra que estamos preparando en Valores. É unha pasada! Hoxe probámolo tod@s por primeira vez, facendo sombras só cos nosos corpos. Molou moito! 
Estivemos pouco tempo, pero para a semana voltaremos. Temos que aproveitalo ben mentres estea no cole 😉
Grazas Quinquilláns, Lucho e Tero! 😍











Na BBS

Para saber como e onde atopar na biblio os libros de diferentes xéneros, as pelis ou a música, comezamos traballar coa Clasificación Decimal Universal (CDU) por medio dun xogo de busca de libros e erros nas súas sinaturas topográficas. 








mércores, 15 de xaneiro de 2020

Aniversario de Rita

Hoxe Rita fai 11 anos! 🎉 🎊
Celebrámolo na clase cantando e soprando velas nunha impresionante torta de nata e ananás.

 PARABÉNS, RITA!


🎵🎶

Mmmmm!😛





Grazas pola torta, Rita, estaba deliciosa! 
Non deixamos nin unha migalla 😋

Viaxando con Edixgal

Esta semana, para preparar a nosa viaxe a Coruña, que finalmente tivemos que adiar polas previsións de temporal, descubrimos unha nova ferramenta nos nosos ordenadores Edixgal: o Google Earth. E marchamos de viaxe polo mundo e polo universo tamén 🚀 😁 Canto por descubrir! Seguiremos fedellando...







domingo, 12 de xaneiro de 2020

Os Museos Científicos Coruñeses

O xoves que vén pasaremos o día na Coruña, visitando os Museos Científicos: O Domus, O Aquarium Finisterrae ou Casa dos Peixes e a Casa da Ciencia. Vai ser un día completo, para aprender, divertirnos e estar xunt@s. 
Para irnos ambientando...

Na Casa das Ciencias:



 Na Casa dos Peixes:


venres, 10 de xaneiro de 2020

Xogos

Non podíamos rematar esta mini semana de tres días sen probar os agasallos do Apalpador.


Temos dúas Mochilas Viaxeiras!

Por se alguén tiña dúbidas... As Mochilas Viaxeiras chegarán ás casas de toda a clase neste curso. Este xoves saíron dúas Mochilas, a vermella e outra laranxa, así que non hai fallo. 😃

Unha...

e dúas!
Boas lecturas por duplicado!

mércores, 8 de xaneiro de 2020

Agasallos do Apalpador

O Apalpador pasou polo Brea Segade e deixou agasallos para todas as clases! Lara e Nerea, as encargadas desta semana, foron a recollelos: tres xogos feitos de madeira e un mural para colorear. Molan! Teremos que probalos 😍