Amosando publicacións coa etiqueta plantas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plantas. Amosar todas as publicacións

sábado, 4 de abril de 2020

Tulipáns con papiroflexia

Xa que estamos falando e traballando sobre plantas e flores, aquí tedes unha proposta para poñer a proba as vosas habilidades co papel. Atopamos en Aulas Galegas estes tulipáns tan xeitosos. Animádesvos? Mándade foto das vosas creacións.


mércores, 1 de abril de 2020

Plantas e flores

Estas semanas en Naturais estamos traballando sobre plantas e flores. Aquí tedes algúns dos esquemas gráficos que estivestes facendo. Moi bo traballo, rapaces e rapazas!

xoves, 27 de febreiro de 2020

Plantación e camiñata por Campo Maneiro

Hoxe achegámonos á que será a caseta para as cabras do proxecto Máis ca leña para plantar unhas nogueiras. Fomos todo o colexio con Emilio Saborido, que nos explicou que plans teñen para o edificio e a parcela na que estarán as cortes e nos lembrou como plantar, e porque é tan importante repoboar con árbores autóctonas. Cada curso plantou unha nogueira, á nosa puxémoslle de nome Mª Luisa 😂. Así que agora temos que coidar ben da "nogueira Mª Luisa" que medrará en Campo Maneiro, xunto ás cabuxas. Coidar tamén coidaremos ao resto das nogueiras e árbores autóctonas coas que a Comunidade de Montes e Fousas ao Monte están a repoboar toda a zona. 




A plantar!!







Listo!
Despois de plantar demos unha pequena camiñata por Campo Maneiro e Emilio foinos falando sobre as árbores e o que iamos vendo de camiño.




Foi unha boa mañá de traballo e aprendizaxe. 
Grazas Emilio!