domingo, 28 de marzo de 2021

Circuítos en papel

Este venres traballamos de novo con circuítos sobre papel, usando adhesivo de cobre. Desta vez complicamos un pouco a proposta e cada quen tivo que deseñar e crear o seu propio circuíto, asegurando que funcionaban. Está claro que en Sexto non hai circuíto que se resista, mans á obra e as luces comezaron a alumear. 😎





A cabeza non para! E as tesoiras tampouco 😉





sábado, 13 de marzo de 2021

LER

Elas superaron o reto que a BBS nos propuxo en novembro, completaron o pasaporte de lecturas de escritoras e este venres recibiron o seu agasallo: Adoro LER!

Noraboa, lectoras!


Noraboa, Noa!

Estrela Rosalía

Este venres estivemos a probar os circuítos en papel con adhesivo de cobre, unha das posibilidades de traballar coa electricidade que trouxera ao cole Paola Guimaráns cando estivera en novembro. Desta vez preparamos unha postal con Rosalía e a súa estrela, que alumea o universo a 240 anos luz do noso planeta.

"As estreliñas todas que aló no espazo están, 

sorrindo nos miraban con suave claridade".

As nosas postais alumean para lembrar a importancia de Rosalía para as nosas letras e a nosa cultura.













A maldición das bruxas

 

Gustounos moito o libro, imos ver que tal a película.

sábado, 6 de marzo de 2021

Luz e cor

Este venres en Artística estivemos experimentando coa composición das cores e deseñamos carteis con cores planas inspirados no anuncio de Cinzano creado por Luís Seoane en 1952. 












Míchel

 Míchel, o novo burro fariñeiro do proxecto Máis ca leña, xa leva un par de días en Taragoña e, pouco a pouco, empeza a sentirse na casa.


Que bonito é! 😍

xoves, 4 de marzo de 2021

8M, Día da Muller

Estamos traballando para conmemorar o Día da Muller. Hoxe empezamos a decorar os lazos que decorarán o cole, enchémolos de mensaxes a favor da igualdade e contra o machismo.