Amosando publicacións coa etiqueta Quinto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Quinto. Amosar todas as publicacións

sábado, 20 de xuño de 2020

Podium Kahoot

Pechado o Kahoot, Rematamos 5º, xa temos o podium. Parabéns Breogán, Rita e Lucas, parece ser que sodes os que máis lembrades deste curso.

Que alguén me conte, por favor, quen é Josefa, revisei as listas de 5º e non a atopo. Dinlle clase todo o curso sen darme conta? 🙈🙆 Será parente de María Luisa? 😂😂😂

E Mateo? O irmán de Rubén?


O máis importante: Como nos prestou traballar con Kahoot! E que ben o pasamos!

Despedida

Onte despedímonos virtualmente, quen nos dera poder telo feito en persoa e darnos unha aperta e uns bicazos de fin de curso, pero aínda así estivo moi ben e chegamos a xuntarnos case tod@s. Oxalá fora a última vez que teñamos que vernos en vídeo chamada.




Fixestes un curso fantástico, e non o tivemos fácil, houbo que inventar iso de traballar desde a casa, pero aínda así fixéstelo moi ben.

Boas vacacións a todos e a todas! 😘😘

Xa sabedes que o blog e o correo da clase seguirán activos.

venres, 19 de xuño de 2020

0!!!

Rematamos a conta atrás, que mellor que facelo lembrando o que compartimos nestes meses. Aquí tedes un resumo en imaxes.

martes, 14 de abril de 2020

3º trimestre

Hoxe comezamos o 3º trimestre e facémolo desde a casa, tal e como acabamos o 2º. Lembrades que cando comezamos a corentena tivemos unha entrada no noso blog con ideas para pasar o tempo nas casas? Pois xa levamos un mes e hoxe imos compartir vivencias, non ideas.


Entra en comentarios e contesta a estas tres preguntas sobre as túas vivencias en corentena:

- Que foi o mellor deste mes de confinamento?

- Fixeches algo do que estás especialmente orgulloso/a?
Cociñaches algún prato especial, resolviches un enigma, superaches un reto, probaches algo novo, fixeches algo por primeira vez, conseguiches algo que nunca che saía...?


- Que é o que che gustaría facer o primeiro día que volvamos saír? 

- Calquera outra cousa que queiras comentar 😀

domingo, 10 de novembro de 2019

Recuncho de xogos

Cada semana intentamos ter un tempo para usar o noso recuncho de xogos, cheo de propostas para aprender xogando en grupo.







mércores, 11 de setembro de 2019

Avante toda!

Partimos; hoxe comezamos unha nova travesía, 5º de Primaria. 😃