sábado, 27 de febreiro de 2021

Plantación e saída polo monte

Aquí vai unha montaxe coas imaxes da participación de Sexto na plantación e na saída do venres pasado. 

Grazas a Fousas ao Monte, a Comunidade de Montes de Taragoña e ao Concello de Rianxo. Grazas, Emilio!

Bo traballo, rapaces e rapazas!

domingo, 21 de febreiro de 2021

Baleas e cambio climático

O 19 de febreiro celébrase o Día Mundial das Baleas, pois foi o 19 de febreiro de 1986 cando a Comisión Baleeira Internacional (CBI) prohibiu a pesca industrial destes cetáceos, debido a que a caza indiscriminada terminara provocando a extinción dalgunhas especies. No Día das Baleas 2021 a asociación ecoloxista GreenPeace publicou este vídeo que suma motivos para defender o coidado e protección das baleas e dos nosos océanos. 
 

Descubrindo a Rosalía de Castro

Animámosvos a entrar neste xogo de detectives elaborado por Ana Sánchez Sanmartín e Alba Carril Casanova e publicado en Aulas Galegas. Demostrade o moito que sabedes sobre Rosalía de Castro.

Día de Rosalía 2021

 

Empezamos a semana na que celebramos a Rosalía de Castro, a súa vida e a súa obra. Témola presente ao longo de todo o ano, pero nesta semana prestarémoslle unha atención especial.

martes, 16 de febreiro de 2021

Vinte e un tipos de Paz

Ao longo do mes de xaneiro e parte de febreiro, a aula de Valores Sociais e Cívicos estivo traballando na creación de pequenas curtas en Stop Motion baseadas nalgúns dos poemas da antoloxía Poemas para construír a Paz que publicou a BBS en xaneiro do 2020. Nestas últimas catro entradas tedes o resultado do traballo realizado. Desta vez a edición das montaxes fíxoa cada grupo, usando a app Stop Motion Studio e as tablets da BBS. 

Lembranza para Alí Smaín

Paz

Un soldado detrás dun fusil

sábado, 13 de febreiro de 2021

Xogos pola integración

 Rematamos a mañá xogando pola inclusión e a integración, coa caixa de xogos de Amicos que aínda non tiveramos ocasión de usar tod@s xunt@s. 











Foi un Entroido diferente, pero foi un moi bo venres de Entroido no colexio. 😉

Marcapáxinas con muíños 3D

 A participación no Trivial do Brea Segade foi de tal nivel, que recibimos un merecido premio, marcapáxinas con muíños 3D, deseño de Rita 😍







Venres de Entroido en 6º

 Así ataviados/as chegamos a clase, seguindo ao pé da letra os mandados do Toribio, como debe ser!







A sorpresa foi atopar as mesas dispostas en "grupos con distancia" e o encerado tuneado:


O Trivial do Brea Segade! Natureza e medioambiente, Xeografía, deportes, espectáculos, Matemáticas e Entroido, seis temas para demostrar o moito que sabemos, botar unhas risas e pasalo ben neste Entroido diferente.





sábado, 6 de febreiro de 2021

Saiu o sol!

Este venres saiu o sol, despois de semanas, e puidemos retomar proxectos da Aula de Música, que estaban pendentes do bo tempo, e que incluíron tamén ir darlle unha visita ás cabras e ás melloras nas instalacións onde están.😍