Comezamos a traballar coas entrevistas que se fixeron no cole ao longo do mes marzo "As mulleres facemos de todo"
Escoitamos as entrevistas e baleiramos a información por medio dunha ficha, despois tocará investigar e aprender, porque estas todas estas mulleres teñen moito que contarnos e ensinarnos.
Amosando publicacións coa etiqueta mar b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mar b>. Amosar todas as publicacións
martes, 13 de abril de 2021
domingo, 21 de febreiro de 2021
Baleas e cambio climático
O 19 de febreiro celébrase o Día Mundial das Baleas, pois foi o 19 de febreiro de 1986 cando a Comisión Baleeira Internacional (CBI) prohibiu a pesca industrial destes cetáceos, debido a que a caza indiscriminada terminara provocando a extinción dalgunhas especies. No Día das Baleas 2021 a asociación ecoloxista GreenPeace publicou este vídeo que suma motivos para defender o coidado e protección das baleas e dos nosos océanos.
Etiquetas:
desenvolvemento sostible,
ecoloxismo,
ecosistemas,
mar,
MonteMar
luns, 4 de maio de 2020
Nordés
Nordés de Mercedes Peón e os Diplomáticos de Montealto foi un tema que se estreou no Xabarín Club en 1996, como colaboración destes músicos co programa da TVG, que era o favorito dos nenos e nenas galegos naquela época. Forma parte dun disco de colaboracións de moitos musicos galegos titulado A cantar co Xabarín e tamén do albúm Capetown dos Diplomáticos. Aquí tedes o vídeo que se fixo para o Xabarín Club.
sábado, 22 de febreiro de 2020
Venres de Entroido
O venres de Entroido no cole sempre é unha festaza, este ano non foi menos. O tema dos disfraces era o mar e o Brea Segade encheuse de mariñeiros/as, mariscadores/as, peixes, mergulladores, piratas, sereas...
A chegada ao cole.
List@s para o pasarrúas.
En Campo de Pazos.
A queima do Toribio
venres, 14 de febreiro de 2020
Aves mariñas
Estamos elaborando o noso libro para a maqueta do salón do Libro de Pontevedra deste curso. Traballamos sobre aves mariñas, de momento consultamos e recollemos información e comezamos a darlle forma ás páxinas do que será o noso libro. Seguiremos informando.
Etiquetas:
aves,
creamos,
educación documental,
mar,
natureza,
proxectos,
Salón do Libro de Pontevedra
martes, 17 de decembro de 2019
Sombras
En Valores continuamos preparando unha obra de teatro de sombras que trata sobre o mar e que faremos á volta do Nadal. Vai indo moi ben 😉
Etiquetas:
mar,
teatro,
teatro de sombras,
Valores Sociais e Cívicos
domingo, 13 de outubro de 2019
Na Senda Litoral de Taragoña
O venres camiñamos ata o porto de Taragoña e desde alí ata a praia da Torre. Tivemos unha mañá de descuberta do noso medio natural: aves, cogumelos, carballos, castiñeiros, piñeiros, cerquiños, canas, fieitos, loureiros, lesmas, vermes, ratos... E tamén unha mañá de xogos, conversas e compañeirismo. Imposible pedir máis!
Tivemos a sorte de que viñera de andaina con nós Emilio Saborido, que nos foi explicando o que iamos atopando na senda. Grazas Emilio, por acompañarnos e compartir con nós o moito que sabes sobre o noso monte.
Etiquetas:
mar,
medioambiente,
natureza,
Taragoña
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



































