martes, 13 de abril de 2021
As mulleres facemos de todo
venres, 4 de decembro de 2020
As nosas científicas: Rebeca Atienza
Noa presentounos a Rebeca Atienza, unha veterinaria galega que está traballando na preservación dos gorilas en África.
xoves, 26 de novembro de 2020
Tarxeta vermella contra o machismo
As nosas científicas: Mª José Alonso
As nosas científicas: Dolores Lombardero Martínez
Hoxe continuamos presentando os traballos sobre científicas galegas que todos/as deberiamos coñecer. Rita falounos sobre Dolores Lombardero Martínez.
mércores, 25 de novembro de 2020
As nosas científicas: Ánxeles Alvariño
As nosas científicas: Mª José Alonso
As nosas científicas: Olimpia Valencia
No Día contra a violencia de Xénero comezamos a expoñer os traballos sobre as científicas galegas que estivemos realizando ao longo de Novembro, mes da ciencia en Galego. Pensamos que o mellor xeito de loitar contra a violencia machista é poñer en valor e dar visibilidade ás mulleres, de todo tipo, tamén ás científicas, que fixeron e fan un inmeso labor nun mundo inxustamente identificado cos homes. Comezamos con Olimpia Valecia, científica investigada por Rafa.
25 de novembro: tarxeta vermella contra o maltrato
domingo, 15 de novembro de 2020
Reto: lectura de escritoras
Esta semana a BBS propúxonos un reto, a lectura dun mínimo de seis obras de escritoras galegas entre novembro e marzo. Cada obra que leamos temos que incluíla nun Pase de Lecturas que recibimos esta semana, e a comezos de marzo, coincidindo co Día da Muller, quen teña o pase completo recibirá un agasallo da BBS. Esta proposta pretende enlazar as conmemoracións do Día das Escritoras e o Día da Muller e dar a coñecer a obra de escritoras galegas de literatura infantil e xuvenil.
Ponémonos mans...aos libros!

























































