Amosando publicacións coa etiqueta Ponte nas Ondas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ponte nas Ondas. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de novembro de 2020

Obradoiro de radio: gravando

Rematamos a mañá coa biblio reconvertida nun grande estudo de radio no que 5º e 6º creamos e gravamos un programa cheo de imaxinación, información interesante e boas ideas. Foi unha mañá ben completa e ben produtiva!

En breve iremos compartindo podcasts do programa que gravamos.















Obradoiro de radio: edición

Na segunda sesión do obradoiro de radio estivemos coñecendo e practicando a edición de audios co programa Audacity, que temos nos nosos ordenadores Edixgal. Descubrimos un mundo de posibilidades!








Obradoiro de radio: locución

Este xoves participamos nun obradoiro de radio coordinado pola BBS e impartido por membros do colectivo Ponte nas Ondas. Comezamos a mañá con Damián, aprendendo como mellorar a nosa locución cando estamos a gravar ou a emitir un programa de radio.