Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións

martes, 16 de febreiro de 2021

Vinte e un tipos de Paz

Ao longo do mes de xaneiro e parte de febreiro, a aula de Valores Sociais e Cívicos estivo traballando na creación de pequenas curtas en Stop Motion baseadas nalgúns dos poemas da antoloxía Poemas para construír a Paz que publicou a BBS en xaneiro do 2020. Nestas últimas catro entradas tedes o resultado do traballo realizado. Desta vez a edición das montaxes fíxoa cada grupo, usando a app Stop Motion Studio e as tablets da BBS. 

Lembranza para Alí Smaín

Paz

Un soldado detrás dun fusil

mércores, 3 de febreiro de 2021

Un fermoso ovo branco

Rematamos co "fermoso ovo branco", a nosa participación na celebración do Día da Paz 2021. Traballamos sobre un conto ben fermoso, tanto como o ovo branco e pasamos moi bos momentos recreando a historia. Agora hai que ver o vídeo, o noso produto final 😃


domingo, 2 de febreiro de 2020

O Xardín da Memoria



Na entrada do colexio temos o Xardín da Memoria, que inauguramos un 30 de xaneiro, Día da Non Violencia e da Paz, como mostra e lembranza do compromiso do Brea Segade cos valores democráticos e cos Dereitos Humanos, tantas veces esquecidos e maltratados ao longo da historia e na actualidade. O xoves pasado cada clase colocou unha planta nova no xardín da memoria, para non esquecer ese compromiso.


sábado, 1 de febreiro de 2020

Unha tarde vindo do muíño

Así de ben soou o tema co que 5º participou na celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz: Unha tarde vindo do muíño recollido a María Tubío en Chorente. 
Construír a paz é tamén aprender a respectar aos demais e loitar porque nos respecten e porque non se cometan inxustizas á vista nosa.



Parabéns, rapaces e rapazas, pola vosa interpretación deste tema tan fermoso. 😍

Poemas pola Paz

O 30 de xaneiro é o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este ano no cole celebŕamolo con poesía, Poemas para construír a Paz, no día a día, desde o máis próximo e coa implicación de todos e todas.
Nós traballamos sobre tres poemas: Corazón Senlleiro de Celso Emilio Ferreiro, Lembranza para Alí Smaín de Antonio García Teijeiro e Avións de Rafa Villar. Sobre eles fixemos murais que están na entrada do colexio cos das outras clases e gravamos un programa de radio conxunto, un monográfico sobre o Día da Paz.
Convidámosvos a escoitar o que os nenos e nenas do Brea Segade dicimos sobre a Paz e a Non Violencia.





martes, 21 de xaneiro de 2020

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

O 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Non violencia e paz no mundo pero tamén no noso entorno máis proximo: a casa, a aldea, a escola, aula... Nestas semanas imos traballar e reflexionar sobre os conflitos e a súa resolución.
Nesta entrada imos enlazar páxinas que nos axudarán a entender mellor cal son os conflitos que se están a vivir no mundo na actualidade.
Comezamos con dúas entradas, unha de Ayuda en Acción e outra de Intermon Oxfam. 

Guerras e conflitos no 2020.

Países en guerra actualmente.