Amosando publicacións coa etiqueta Valores Sociais e Cívicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Valores Sociais e Cívicos. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de maio de 2021

Decálogo contra as "Fake News"

En Valores Sociais e Cívicos levamos un tempo traballando sobre os embustes nos medios de comunicación e nas redes sociais, as "Fake News". Como remate do traballo elaboramos un mural cun decálogo contra as Fake News baseado nun dos documentos cos que traballamos estas semanas, o decálogo elaborado por comunicadores/as da Radio Televisión Pública Vasca. 

Ollo ás Fake News, están por todos lados, hai que estar atentos/as e saber detectalas. 





martes, 16 de febreiro de 2021

Vinte e un tipos de Paz

Ao longo do mes de xaneiro e parte de febreiro, a aula de Valores Sociais e Cívicos estivo traballando na creación de pequenas curtas en Stop Motion baseadas nalgúns dos poemas da antoloxía Poemas para construír a Paz que publicou a BBS en xaneiro do 2020. Nestas últimas catro entradas tedes o resultado do traballo realizado. Desta vez a edición das montaxes fíxoa cada grupo, usando a app Stop Motion Studio e as tablets da BBS. 

Paz

Un soldado detrás dun fusil

venres, 15 de xaneiro de 2021

Marea Negra

 

 Esta é a montaxe que elaboramos na clase de Valores. Está baseada no conto Marea Negra, de Pepe Carreiro, sobre o desastre do Prestige. Escribimos os diálogos, gravámolos, preparamos os decorados, e sacamos máis de 400 fotografías para poder editar despois en Stop Motion. Esperamos que vos guste!

xoves, 3 de decembro de 2020

Día Internacional das persoas con discapacidade

No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, na aula de valores Sociais e Cívicos comezamos un novo proxecto, preparar a presentación no colexio da caixa de xogos que nos enviaron da Asociación Amicos, para fomentar a integración desde o xogo.






Imos ser os encargados/as de contarlle ao resto do cole como aproveitar os materiais desta caixa, que vai estar na Biblioteca Brea Segade.

sábado, 31 de outubro de 2020

Que andarán a facer?

 Que estarán a facer en Valores? Algo andar a argallar, que será? Seguiremos informando.






domingo, 16 de febreiro de 2020

martes, 17 de decembro de 2019

Sombras

En Valores continuamos preparando unha obra de teatro de sombras que trata sobre o mar e que faremos á volta do Nadal. Vai indo moi ben 😉