luns, 30 de marzo de 2020

Aniversario de Dália

Hoxe Dália fai 11 anos! 

Teremos que agardar para celebralo con ela, turrarlle das orellas e darlle bicos e apertas, pero non agardaremos para desexarlle:


      PARABÉNS, DÁLIA! 🎈🎈🎈

FELIZ ANIVERSARIO

Parabéns para ti... 🎵🎶

domingo, 29 de marzo de 2020

Que hora é?

Hoxe é un bo día para lembrar o que sabemos sobre os fusos horarios, as horas nas diferentes latitudes, o horario de inverno e verán... E navegar e curiosear un pouco no neste mapa.

https://24timezones.com/reloj_hora_exacta.php#/map

sábado, 28 de marzo de 2020

E as nosas cabuxas?

O tempo pasa, levamos quince días sen ir ao cole. E as nosas cabuxas? Como estarán? Se o queredes saber entrade no blog da BBS, alí tedes información.


O Noso Manual do Poeta

O Manual para ser un Poeta é un texto de Fran Alonso, do seu libro O meu gato é un poeta. Nós non imos ser menos que un gato e tamén somos poetas, así que lle ampliamos unhas estrofas ao poema orixinal. Mirade que ben quedaron. 



Greguerías

En Castelán esta semana descubrimos o que son as greguerías e coñecemos algunhas das que escribiu o seu inventor, o escritor Ramón Gómez de la Serna. Aquí tedes as ilustracións tan chulas que Rita, Ezequiel, Lara, Nerea, Dália, Saúl, Lucía e Noa fixeron para as greguerías das letras do alfabeto de Gómez de la Serna. Tamén inventaron as súas propias greguerías e fixeron ilustracións.









El cero es un pollito.
La M es una nube.
La S es una serpiente.








La Y es una copa de champán.
La T es un martillo.
El 2 es un pato.
La H es una escalera.
El 11 son dos niños.

venres, 27 de marzo de 2020

Jumanji Matemático

https://view.genial.ly/5cb34a94ae19600f3ad83bfc/game-mates-jumanji

Atopamos este fantástico xogo en Aulas Galegas. O  Jumanji matemático é un xogo de taboleiro creado por creado por Amalia P. Otero que en cada recadro ten un reto matemático para resolver. O primeiro equipo ou xogador/a en resolver os retos e chegar ao centro do taboleiro desactivará a maldición.
Os retos irán aparecendo na pantalla e as solucións podedes comprobalas nun documento ao que se accede desde o taboleiro. Diversión matemática asegurada! A xogar!

Ponte a proba

Estamos rematando marzo, o mes da poesía, e nada mellor para despedilo que reler a nosa escolma Poesía nas casas. Unha vez feito imos ver como andamos de capacidade de observación e de memoria. 
Anímate a completar o seguinte cuestionario sobre os nosos poemas.  A ver como andas de observación e memoria.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSemx1u8RD09yYbmHYSn4283B_OHPjtleqOa-rV_2t6dj0tVAg/viewform?usp=sf_link

sábado, 21 de marzo de 2020

Día Mundial da Poesía na BBS

Non deixedes de ver os vídeos cos que a BBS celebra o Día da Poesía. E lembrade que aínda estades a tempo de seguir enviando os vosos se non o fixestes.
http://bibliobreasegade.blogspot.com/search/label/Poes%C3%ADa%20nas%20casas

Día Mundial da Poesía



Aquí tedes a escolma de poemas que entre todos preparastes estes días. Bo traballo! Boa escolma!

venres, 20 de marzo de 2020

Día da narración oral

 No Salón do Libro Virtual celebran o Día da Narración Oral, non vos perdades a historia de Cósimo, o esquío rampante polos contadores de Polo Correo do Vento.


Salón do Libro Virtual

O Salón do Libro de Pontevedra pechou o xoves, ao pouco de rematar nós a nosa visita, pero abriu O Salón do Libro Virtual. Entrade e veredes cantas propostas de lectura e de actividades ides atopar. Un bo espazo para visitar nestes días.

https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/

mércores, 18 de marzo de 2020

Poesía nas casas

Atentos/as á proposta da BBS Poesía nas casas. Aproveitade os vosos libros de poesía e preparade un poema e a súa ilustración para compartir no blog da biblio. Animádevos!

https://bibliobreasegade.blogspot.com/2020/03/poesia-nas-casas.html

luns, 16 de marzo de 2020

A nosa casa de ideas

 As nosas ideas para sacarlle partido a estas semanas de estar na casa.

domingo, 15 de marzo de 2020

Na casa

Durante un tempo imos quedar na casa e temos que buscar xeitos de continuar aprendendo, divertíndonos, axudando... 
Nesta entrada imos abrir un espazo para as vosas ideas e propostas para estes días. Contádenos que podemos facer na casa para poder seguir aprendendo e divertíndonos e sacar proveito desta nova situación coa que non contabamos.
Para dar as vosas ideas deixade un comentario nesta entrada. Veremos o listado que conseguimos entre todos/as.

Lembrade, para deixar un comentario tedes que:
- Entrar en comentarios ao pé deste artigo.
- Escoller publicar como anónimo (no precisades correo electrónico).
- Escribir as vosas ideas e poñer o voso nome ao final para saber quen fai o comentario.
- Darlle a publicar. 
- O ordenador vaivos pedir que demostredes que non sodes un robot. Pode ser que só teñades que só con marcar "non son un robor" chegue ou pode ser que vos mande buscar cousas nunhas imaxes.
- Cando estea claro que non sodes un robot, dádelle outra vez a publicar.
- Os comentarios só sairán publicados despois de que eu lles dea o visto bo. 👌

Lembrade, moi importante:
M.C.
P.F. 

Desta vez zafades da B.L. 😉

Veña, compartide as vosas ideas para estes días. 💡

Saída a Pontevedra

martes, 3 de marzo de 2020

Kahoot

Esta semana descubrimos unha nova aplicación para aprender xogando, Kahoot. Unha das múltiples vantaxes de estar en Edixgal e ter odenadores para tod@s é poder usar este tipo de recursos. De momento, gustounos 😃