Amosando publicacións coa etiqueta educación documental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación documental. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2020

As miñas mascotas

Noa fálanos das súas mascotas, e faino con moito detalle e sobre todo con moito agarimo. Está claro que as súas mascotas son moi afortunadas.

A dislexia

Dália explícanos de xeito moi claro que é a dislexia, que dificultades atopan as persoas con dislexia e como as superan. Ides atopar moita información interesante, veredes.

Deporte

Ezequiel escolleu o deporte para a súa presentación, outra das afeccións de moitos e moitas de vós.

Gatos

Xa tardaba unha publicación de animais en 5º! Aquí temos unha das paixóns de moitos/as de vós. Saúl fálanos de gatos, e xa sabemos que fala con coñecemento directo e experiencia. 😉

domingo, 14 de xuño de 2020

Ti decides

Xa tedes en Edixgal, en Lingua Galega, a tarefa para esta semana, con toda a información que precisades. 
Decidide un tema do que contarnos o moito que sabedes ou o moito que descubristes. Buscade máis información, organizádea e elaborade unha presentación con LibreOffice Impress. Cando estea lista subídea á tarefa de Edixgal. 

Ide poñendo nos comentarios desta entrada sobre que tedes pensado traballar.


luns, 8 de xuño de 2020

En perigo: tartaruga de coiro e píllara das dunas

Continuamos publicando os traballos de Naturais sobre especies en perigo de extinción. Todos eles son unha boa mostra do moito que levamos aprendido e traballado ao longo deste curso, tamén nestes meses de confinamento. Detrás de cada presentación hai traballo de busca, selección e organización da información, fundamentalmente na rede, e procesamento informático dos datos recollidos. Estes son algúns dos froitos do traballo en Edixgal ao longo do curso. Parabéns a todos e a todas!




venres, 14 de febreiro de 2020

Aves mariñas

Estamos elaborando o noso libro para a maqueta do salón do Libro de Pontevedra deste curso. Traballamos sobre aves mariñas, de momento consultamos e recollemos información e comezamos a darlle forma ás páxinas do que será o noso libro. Seguiremos informando.