xoves, 31 de outubro de 2019

Samaín no cole

Foi unha mañá de disfraces terroríficos,  de conxuros, de queimar medos e de enchernos de larpeiradas de Samaín. Molou!

Samaííín!















martes, 29 de outubro de 2019

No Samaín



Tempo de Samaín, tempo de cabazas, sustos, medos... e tamén de bailar e cantar co Brinca Vai! de Paco Nogueiras.

xoves, 24 de outubro de 2019

Landraina


Animádesvos volver á Senda de Taragoña?
Desta vez organiza Fousas ao Monte e ademais da andaina recolleremos landras para despois sementar polo monte na zona de Campo Maneiro.

Entre planetas

Levamos xa un par de semanas "entre planetas", investigando e preparando información para compartir cos compañeiros/as. E os traballos xa van collendo forma.










venres, 18 de outubro de 2019

Avanzamos!

Esta foi unha semana de moitos avances co Edixgal. Traballamos todos os días cos ordenares, descubrimos os recursos que temos en todas as materias, buscamos e recollemos información, seguimos aprendendo a usar o procesador de textos... Isto marcha ben!




Millo

Rubén falounos do millo que cultivan na súa casa e tróuxonos unha mostra dos dous tipos que teñen. Falando, falando descubrimos que non só en Ourille teñen millo, pero que hai outros que non son do país... Aproveitaremos para facer unha pequena investigación 😉
Grazas, Rubén!




domingo, 13 de outubro de 2019

Na Senda Litoral de Taragoña

O venres camiñamos ata o porto de Taragoña e desde alí ata a praia da Torre. Tivemos unha mañá de descuberta do noso medio natural: aves, cogumelos, carballos, castiñeiros, piñeiros, cerquiños, canas, fieitos, loureiros, lesmas, vermes, ratos... E tamén unha mañá de xogos, conversas e compañeirismo. Imposible pedir máis! 
Tivemos a sorte de que viñera de andaina con nós Emilio Saborido, que nos foi explicando o que iamos atopando na senda. Grazas Emilio, por acompañarnos e compartir con nós o moito que sabes sobre o noso monte.

Andaina Senda Taragoña from Brea Segade on Vimeo.

luns, 7 de outubro de 2019

Preparad@s,

 list@s... xa! 
Mañá comezaremos "oficialmente" a nosa aventura Edixgal.

O noso agardado carro de carga
cargando
os nosos ordenadores!

domingo, 6 de outubro de 2019

O meu barco

O meu barco, poema de Os soños na Gaiola de Manuel María, musicado por Suso Vaamonde.