Estamos traballando sobre textos persuasivos e publicidade. O Nadal é tempo de anuncios moi coidados e moi ben elaborados; case poderían considerarse curtas. Imos compartir estas semanas algúns anuncios que foron premiados ou que tiveron moi boa acollida pola súa calidade e o seu impacto sobre o público. Comezamos con Excitable Edgar, anuncio da campaña de Nadal 2019 da cadea de grandes almacéns británica John Lewis. O anuncio remata co eslogan: "Ensínalles canto che importan"
Amosando publicacións coa etiqueta TV b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TV b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 10 de decembro de 2020
Excitable Edgar
martes, 7 de abril de 2020
Oda ao futbolín
Para futboleiros e futboleiras que estes días botan de menos os partidos do recreo no campo de terra do Brea Segade: Oda ao futbolín, un clásico dos Diplomáticos de Montealto, un grupo de rock que foi moi famoso na década dos 90 e ao que debemos grandes temas da música galega moderna. Esta foi unha canción que compuxeron para o Xabarín Club e que seguro que os vosos pais e nais lembran ben.
Ademais de cantar e bailar, investigade se a canción conta a verdade e aproveitade para descubrir quen foi Alexandre de Fisterra.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)