Amosando publicacións coa etiqueta Itinerario lector 6º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Itinerario lector 6º. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de xuño de 2021

Mil cousas poden pasar. Libro II

Xa estamos de novo percorrendo as terra de Nil acompañados de Pouco, Lina, Neda, Mercurín, Propicius, Hedión, o gato Kandás...

Mil cousas poden pasar. Libro II de Jacobo Fernández Serrano, será a nosa última lectura compartida, o último título do itinerario lector de 6º. Sen dúbida vai ser un broche de ouro ás nosas lecturas en común. Gustaranos tanto como o Libro I? Houbo quen empezou a pedir por el xa en xaneiro 😉

sábado, 3 de abril de 2021

Prohibido leer a Lewis Carroll

 

Xa estamos metidos de cheo na lectura do seguinte libro do itinerario lector de Sexto, Prohibido leer a Lewis Carroll de Diego Arboleda, con ilustracións de Raúl Sagospe. 

Esta obra foi Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil no 2014, Premio Lazarillo no 2012, Premio White Ravens no 2014, Premio Fundación Cuatrogatos no 2014 e Mejor libro infantil  (de 6 a 12 años) Babelia no 2013.

Estamos ante unha das obras máis premiados da literatura infantil en castelán dos últimos anos, imos descubrir por que tantos premios e ver se estamos de acordo. 😃

sábado, 13 de marzo de 2021

sábado, 30 de xaneiro de 2021

Como recoñecer a unha bruxa

Onte comezamos a elaborar carteis anunciando "Como recoñecer a unha bruxa verdadeira", seguindo a valiosa información de Roald Dahl en As bruxas e as aprendendo as pautas básicas para o deseño de carteis e anuncios. Para elaboralos estamos a empregar a letra que usaba Castelao,  que nas fontes informáticas podemos atopar como Gallaecia.

Onte, 29 de xaneiro, foi o aniversario do nacemento de Castelao (29 de xaneiro de 1886) e hoxe, 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, adicado este ano á ilustradora Lolita Díaz Baliño.












venres, 15 de xaneiro de 2021

As bruxas

Comezamos a lectura dun novo título do noso itinerario lector: As bruxas de Roald Dahl, ilustrado por Quentin Blake.

Aínda acabamos de comezar pero xa sabemos que nos vai ser de moita utilidade para identificar e poñernos a salvo das bruxas verdadeiras...

Temos entre mans un dos clásicos imprescincibles da literatura infantil escrito por un dos mellores autores de historias para rapaces e rapazas de todos os tempos. 

A ler e a gozar!!!

 

luns, 14 de decembro de 2020

Mitos griegos

Estamos lendo unha escolma da mitoloxía grega elaborada por María Angelidou e publicada por Vicens Vives na colección Cucaña. 

"Mitos griegos" é unha boa aproximación ás orixes da nosa cultura; estamos a atopar o sentido de expresións, nomes, historias... que proceden da Antiga Grecia pero continúan moi vixentes hoxe en día.

sábado, 12 de setembro de 2020

Mil cousas poden pasar

 

Comezamos co primeiro dos títulos do itinerario lector de sexto. Mil cousas poden pasar de Jacobo Fernández Serrano.

Imposible atopar un título máis acaído para o 1º día dun novo curso. 😉