Noa presentounos outro dos ríos que temos cerca, da outra beira da ría, o Umia.
xoves, 3 de decembro de 2020
Río Umia
domingo, 29 de novembro de 2020
mércores, 25 de novembro de 2020
Río Limia
Rita levounos ata terras ourensás e aínda máis alá, a Portugal, na súa presentación sobre o río Limia.
Río Tambre
Diego Ferreira presentounos outro dos ríos próximos a nós, que desemboca na veciña ría de Noia e Muros, o Tambre.
martes, 24 de novembro de 2020
No Té
Hoxe fomos a andar ao río Té. Foi a nosa primeira saída dentro do Proxecto Ríos, para descubrir o treito do que somos responsables e para recoller datos para a 1ª inspección do río. Fixemos unha chea de cousas: medir, calcular, observar, analizar... Foi unha mañá de clase no río con Mates, Sociais, Lingua, Naturais, Educación Física, Valores... e moito aire puro. Que máis se pode pedir?
Grazas, Emilio!
Entrade no blog da BBS para ver máis información e máis imaxes.
sábado, 21 de novembro de 2020
Río Navia
Lucía presentounos o río Navia, un dos máis importantes da vertente cantábrica. Seguimos aprendendo cos vosos traballos 😃
domingo, 15 de novembro de 2020
Río Xallas
Rafa presentounos o seu traballo sobre o río Xallas, que desemboca na fermosísima fervenza do Ézaro.
domingo, 8 de novembro de 2020
Río Eo
Comezamos as presentacións dos traballos sobre os ríos de Galicia que estamos facendo en Sociais.A primeira foi Nerea, falándonos do río Eo. Canto imos aprender!
























