Amosando publicacións coa etiqueta Día contra a Violencia de Xénero. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día contra a Violencia de Xénero. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de novembro de 2020

25 de novembro: tarxeta vermella contra o maltrato

No 25 de novembro e todos os días do ano rexeitamos a violencia e o maltrato, moi especialmente a violencia machista, pandemia silenciosa da nosa sociedade.

martes, 26 de novembro de 2019

Nerea na concentración do 25 N en Rianxo

O luns á tarde celebrouse en Rianxo unha concentración contra a violencia machista. Diferentes colectivos e persoas leron manifestos e escritos para expresar o seu rexeitamento ao machismo e á violencia contra as mulleres. Nerea foi unha desas persoas 😍 Leu un texto sobre as festas da Guadalupe que escribiu no seu caderno do feminismo e fíxoo de marabilla. 😍 😍


Aquí tedes unha montaxe co escrito de Nerea. Dália e José Luis puxeron a música. Parabéns aos tres! 
Graciñas, Nerea, polo teu caderno do feminismo. 😘

25 de novembro: non á violencia machista!

No CEP Brea Segade todos/as xuntas contra a violencia machista.












Barcos contra a violencia de xénero

Unha das actividades que realizamos todo cole na mañá do 25 de novembro foi elaborar barcos violetas, axudándonos uns aos outros/as. En 5º aprendemos a facer barcos de papel antes do recreo, decorámolos con lemas alusivos ás mulleres e ao 25N e deixámolos expostos na clase para lembrar o noso compromiso contra a vilencia de xénero.



























luns, 25 de novembro de 2019

O libro dos porcos

O libro dos porcos from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.

Agradecemos á Biblioteca do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos a elaboración e difusión desta montaxe da obra "O libros dos porcos" de Anthony Browne.

domingo, 24 de novembro de 2019

25 de novembro en Rianxo

Estes son os actos organizados en Rianxo no Día contra a Violencia de Xénero.

venres, 22 de novembro de 2019

Cantando contra a Violencia de Xenero

O luns alzaremos a nosa voz contra a violencia machista  no Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Hoxe tivemos un ensaio xeral do tema A Porta Violeta, versión en galego dunha canción de Rozalén, que interpretaremos dentro dos actos que realizaremos o luns 25 de novembro. Soou moi ben 😍 Sempre dá gusto escoitar cantar aos nenos e nenas do Brea Segade.