Esta semana descubrimos un programa que teñen os nosos ordenadores de Edixgal, Stellarium e flipamos con el. É un planetario que permite ver o firmamento tal e como se ve a
simple vista ou cun telescopio. Con el pódese calcular a
posición do sol, a lúa, os planetas, e as constelacións. Encantounos! Aínda temos moito que fedellar e aprender con Stellarium pero xa sabemos que ten moitísimas posibilidades e que mola. 😃
Amosando publicacións coa etiqueta Terra b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Terra b>. Amosar todas as publicacións
venres, 6 de decembro de 2019
Stellarium
Etiquetas:
astronomía,
Ciencias Sociais,
Edixgal,
Terra,
Universo
sábado, 28 de setembro de 2019
Paremos o cambio climático!
Este venres no recreo, tal e como fixeron moitos nenos/as e mozos/as en todo o mundo, no noso colexio paramos e protestamos contra o quentamento global cun minuto de silencio. Os nosos carteis mostraron que sabemos do que falamos e que queremos que as cousas cambien para asegurar o futuro do noso planeta, que é o noso futuro.
xoves, 26 de setembro de 2019
Polo clima!
Mañá venres remataremos a semana do clima cunha concentración de protesta polo cambio climático e o quentamento do noso planeta. En quinto estamos preparando os nosos carteis e pancartas para mostrar a nosa preocupación, as nosas demandas e o noso compromiso co planeta.
domingo, 22 de setembro de 2019
Semana do Clima
Coincidindo coa celebración da Cumbre sobre a Acción Climática da ONU (Organización de Nacións Unidas) que se está a celebrar en Nova Iorque, está convocada en todo o mundo unha Semana sobre o Clima que rematará o venres 27 cunha xornada de protesta contra o cambio climático. Sumarémonos a esta semana de descuberta, reflexión, protesta e compromiso contra o quencemento global e o cambio climático que ameazan a vida do noso planeta.
Para comezar a entender que é o cambio climático empregaremos este recurso do Espazo Abalar elaborado por María Manuela Abella Cruz
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)































