Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

martes, 13 de abril de 2021

As mulleres facemos de todo

Comezamos a traballar coas entrevistas que se fixeron no cole ao longo do mes marzo "As mulleres facemos de todo" Escoitamos as entrevistas e baleiramos a información por medio dunha ficha, despois tocará investigar e aprender, porque estas todas estas mulleres teñen moito que contarnos e ensinarnos. 
 

sábado, 3 de abril de 2021

Prohibido leer a Lewis Carroll

 

Xa estamos metidos de cheo na lectura do seguinte libro do itinerario lector de Sexto, Prohibido leer a Lewis Carroll de Diego Arboleda, con ilustracións de Raúl Sagospe. 

Esta obra foi Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil no 2014, Premio Lazarillo no 2012, Premio White Ravens no 2014, Premio Fundación Cuatrogatos no 2014 e Mejor libro infantil  (de 6 a 12 años) Babelia no 2013.

Estamos ante unha das obras máis premiados da literatura infantil en castelán dos últimos anos, imos descubrir por que tantos premios e ver se estamos de acordo. 😃

venres, 2 de abril de 2021

2 de abril: Día do Libro Infantil

 

 

A Música das Palabras

Cando lemos, á nosa mente médranlle ás.
Cando escribimos, os nosos dedos cantan.

As palabras son golpes de tambor e frautas na páxina,
paxaros voadores e elefantes trompeteiros,
ríos que flúen, fervenzas que caen,
bolboretas que viran
alto no ceo!

As palabras convídannos a bailar
ritmos, rimas, latexos do corazón,
cascos e bater de ás, contos antigos e novos,
fantasías e verdades.

Esteas cómodo na casa
ou atravesando veloz as fronteiras cara unha nova terra
e unha lingua estraña, as historias e poemas
perténcente.

Cando compartimos palabras, as nosas voces
vólvense música do futuro,
paz, alegría e amizade,
unha melodía
de esperanza.

Escrito por Margarita Engle
Ilustrado por Roger Mello
Traducido por María Canosa

martes, 16 de febreiro de 2021

Vinte e un tipos de Paz

Ao longo do mes de xaneiro e parte de febreiro, a aula de Valores Sociais e Cívicos estivo traballando na creación de pequenas curtas en Stop Motion baseadas nalgúns dos poemas da antoloxía Poemas para construír a Paz que publicou a BBS en xaneiro do 2020. Nestas últimas catro entradas tedes o resultado do traballo realizado. Desta vez a edición das montaxes fíxoa cada grupo, usando a app Stop Motion Studio e as tablets da BBS. 

Lembranza para Alí Smaín

Un soldado detrás dun fusil

sábado, 13 de febreiro de 2021

Marcapáxinas con muíños 3D

 A participación no Trivial do Brea Segade foi de tal nivel, que recibimos un merecido premio, marcapáxinas con muíños 3D, deseño de Rita 😍







venres, 5 de febreiro de 2021

Mércores: na biblio!

 Só podemos ir un día á semana, os mércores, pero seguimos aproveitándoo ao máximo.













mércores, 3 de febreiro de 2021

Un fermoso ovo branco

Rematamos co "fermoso ovo branco", a nosa participación na celebración do Día da Paz 2021. Traballamos sobre un conto ben fermoso, tanto como o ovo branco e pasamos moi bos momentos recreando a historia. Agora hai que ver o vídeo, o noso produto final 😃


sábado, 30 de xaneiro de 2021

Lego Boost

Na biblioteca Diego e Saúl estiveron a fedellar cun dos novos recursos do Espazo Argalleiro. Lego e robótica, boa combinación! Seguiremos fedellando e aprendendo.




venres, 15 de xaneiro de 2021

As bruxas

Comezamos a lectura dun novo título do noso itinerario lector: As bruxas de Roald Dahl, ilustrado por Quentin Blake.

Aínda acabamos de comezar pero xa sabemos que nos vai ser de moita utilidade para identificar e poñernos a salvo das bruxas verdadeiras...

Temos entre mans un dos clásicos imprescincibles da literatura infantil escrito por un dos mellores autores de historias para rapaces e rapazas de todos os tempos. 

A ler e a gozar!!!

 

Marea Negra

 

 Esta é a montaxe que elaboramos na clase de Valores. Está baseada no conto Marea Negra, de Pepe Carreiro, sobre o desastre do Prestige. Escribimos os diálogos, gravámolos, preparamos os decorados, e sacamos máis de 400 fotografías para poder editar despois en Stop Motion. Esperamos que vos guste!

luns, 14 de decembro de 2020

Mitos griegos

Estamos lendo unha escolma da mitoloxía grega elaborada por María Angelidou e publicada por Vicens Vives na colección Cucaña. 

"Mitos griegos" é unha boa aproximación ás orixes da nosa cultura; estamos a atopar o sentido de expresións, nomes, historias... que proceden da Antiga Grecia pero continúan moi vixentes hoxe en día.

xoves, 3 de decembro de 2020

Día Internacional das persoas con discapacidade

No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, na aula de valores Sociais e Cívicos comezamos un novo proxecto, preparar a presentación no colexio da caixa de xogos que nos enviaron da Asociación Amicos, para fomentar a integración desde o xogo.






Imos ser os encargados/as de contarlle ao resto do cole como aproveitar os materiais desta caixa, que vai estar na Biblioteca Brea Segade.

domingo, 29 de novembro de 2020

Obradoiro de E-Textis

Este venres participamos nun obradoiro de circuítos e textis con Paola Guimeráns. Entrade no blog da BBS para ver a reportaxe completa do seu paso polo Brea Segade e do noso obradoiro. 

Biblioteca creativa: Paola Guimeráns.

E-Textis.




mércores, 4 de novembro de 2020

Axudantes BBS 2019-2020


Hoxe nada máis chegar ao cole tiñamos unha sorpresa: os agasallos da Asesoría de Bibliotecas Escolares para os Axudantes da BBS do curso pasado, que eran case toda a clase! Non puideron mandalos en xuño e xa non os agardabamos, así que hoxe foi unha boa sorpresa.  Temos un diploma, unha mochila e un caderno para anotar... posibles lecturas ou o que nós queiramos. Grazas!

xoves, 22 de outubro de 2020

Gravando

Luces, cámara, acción!





Parabéns Sexto! Que ben o fixestes!