sábado, 30 de xaneiro de 2021

Como recoñecer a unha bruxa

Onte comezamos a elaborar carteis anunciando "Como recoñecer a unha bruxa verdadeira", seguindo a valiosa información de Roald Dahl en As bruxas e as aprendendo as pautas básicas para o deseño de carteis e anuncios. Para elaboralos estamos a empregar a letra que usaba Castelao,  que nas fontes informáticas podemos atopar como Gallaecia.

Onte, 29 de xaneiro, foi o aniversario do nacemento de Castelao (29 de xaneiro de 1886) e hoxe, 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, adicado este ano á ilustradora Lolita Díaz Baliño.












Lego Boost

Na biblioteca Diego e Saúl estiveron a fedellar cun dos novos recursos do Espazo Argalleiro. Lego e robótica, boa combinación! Seguiremos fedellando e aprendendo.




venres, 29 de xaneiro de 2021

Cores

En Plástica estamos traballando sobre a cor, lembrando como conseguilas.E de paso dándolle unha segunda vida aos ventiladores dos ordenadores vellos 😉

domingo, 24 de xaneiro de 2021

Aí, ai, hai.

A ver se co Dígocho eu de Esther Estévez queda máis claro 😀

 

venres, 15 de xaneiro de 2021

As bruxas

Comezamos a lectura dun novo título do noso itinerario lector: As bruxas de Roald Dahl, ilustrado por Quentin Blake.

Aínda acabamos de comezar pero xa sabemos que nos vai ser de moita utilidade para identificar e poñernos a salvo das bruxas verdadeiras...

Temos entre mans un dos clásicos imprescincibles da literatura infantil escrito por un dos mellores autores de historias para rapaces e rapazas de todos os tempos. 

A ler e a gozar!!!

 

Aniversario de Rita

Hoxe Rita cumpriu 12 anos! 🎉🎉 Unha moza!

Este curso pouco podemos celebrar no cole, pero cantámoslle no patio, démoslle os parabéns e sacamos foto de grupo. O Sol quentaba e acompañounos. 

MOITOS PARABÉNS, RITA!🎈🎈🎈


Marea Negra

 

 Esta é a montaxe que elaboramos na clase de Valores. Está baseada no conto Marea Negra, de Pepe Carreiro, sobre o desastre do Prestige. Escribimos os diálogos, gravámolos, preparamos os decorados, e sacamos máis de 400 fotografías para poder editar despois en Stop Motion. Esperamos que vos guste!

luns, 11 de xaneiro de 2021

"Folerpas de neve"

Neste tempo frío chegounos outra "folerpa de neve". A cabra branca coa que estivemos venres pariu esta noite unha cabuxiña branca con manchas negras 😍😍😍😍

Xa son 22 no rabaño! Benvida!




sábado, 9 de xaneiro de 2021

Moito máis ca leña!

O proxecto Máis ca leña da Comunidade de Montes o Fieitoso e o colectivo veciñal Fousas ao Monte continúa avanzando a bo ritmo e empeza o 2021 con novidades e melloras. 

Este venres, aproveitando o día frío, pero seco e solleiro,  fomos ver de primeira man as novas instalacións que se acondicionaron para as cabras recén paridas e as súas crías. Vaaale, realmente fomos coñecer as novas crías e saúdar ás súas nais 😍















De lado do cole comprobamos que hai crías en camiño. A cabuxa branca está preñada e non ha tardar en darnos máis alegrías. 

Comezamos o 2021 con 21 cabuxas no rabaño, non está nada mal!!!