Amosando publicacións coa etiqueta Fousas ao Monte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fousas ao Monte. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de abril de 2021

Pixel art

Saúl ten unha tarxeta gráfica nova e está a tope en modo creación. Un dos primeiros pixel art que fixo foi este. Coñécese ben o que é, non? Perfecta combinación de tecnoloxía e natureza 😉 😍

Seguiremos atent@s ás túas creacións, Saúl 👌


domingo, 11 de abril de 2021

Queremos un monte limpo!

 Chegounos información de que os arredores das parcelas das cabuxas estaban empezando a ter moito lixo, fundamentalmente, restos das merendas das persoas que veñen visitar ás cabuxas e a Michel. Empezamos por non dar creto 😲, fómonos enfadando 😠  e, para non chegar a máis, animámonos a facer carteis que se poñerán nesas zonas, a ver se só foi un despiste e a xente entra en razón. 😏

sábado, 6 de marzo de 2021

Míchel

 Míchel, o novo burro fariñeiro do proxecto Máis ca leña, xa leva un par de días en Taragoña e, pouco a pouco, empeza a sentirse na casa.


Que bonito é! 😍

sábado, 27 de febreiro de 2021

Plantación e saída polo monte

Aquí vai unha montaxe coas imaxes da participación de Sexto na plantación e na saída do venres pasado. 

Grazas a Fousas ao Monte, a Comunidade de Montes de Taragoña e ao Concello de Rianxo. Grazas, Emilio!

Bo traballo, rapaces e rapazas!

sábado, 6 de febreiro de 2021

Saiu o sol!

Este venres saiu o sol, despois de semanas, e puidemos retomar proxectos da Aula de Música, que estaban pendentes do bo tempo, e que incluíron tamén ir darlle unha visita ás cabras e ás melloras nas instalacións onde están.😍




sábado, 9 de xaneiro de 2021

Moito máis ca leña!

O proxecto Máis ca leña da Comunidade de Montes o Fieitoso e o colectivo veciñal Fousas ao Monte continúa avanzando a bo ritmo e empeza o 2021 con novidades e melloras. 

Este venres, aproveitando o día frío, pero seco e solleiro,  fomos ver de primeira man as novas instalacións que se acondicionaron para as cabras recén paridas e as súas crías. Vaaale, realmente fomos coñecer as novas crías e saúdar ás súas nais 😍















De lado do cole comprobamos que hai crías en camiño. A cabuxa branca está preñada e non ha tardar en darnos máis alegrías. 

Comezamos o 2021 con 21 cabuxas no rabaño, non está nada mal!!!


domingo, 18 de outubro de 2020

Castañas de Froilán

Seguen chegando landras e castañas, aínda temos ata o venres que vén, que esta fin de semana choveu e non se fixo a "sementeira".  Así que xa sabedes, seguide apañando landras, se as atopades e tamén castañas.



xoves, 15 de outubro de 2020

Castañas para a landraina

Hoxe achegamos un feixe de castañas ao colector da Landraina de Fousas ao Monte. Aínda pode desparticipar mañá, o sábado farán a "sementeira". Animádevos!






sábado, 10 de outubro de 2020

Landras de Isabela

Isabela xa trouxo landras para colaborar coa Landraína de Fousas ao Monte. Agora temos que animarnos os demais. Aproveitade estes días da ponte para apañar landras e castañas e levalas a Campo Maneiro ou traelas martes e as levamos xunt@s. Se ides na ponte, sacade foto. 😃

Moi ben, Isabela!👌


venres, 2 de outubro de 2020

Landraina

 

 

A Comunidade de Montes e o colectivo veciñal Fousas ao Monte piden a nosa colaboración para continuar enriquecendo os nosos montes con especies autóctonas.

Animádevos a participar, é moi sinxelo.

- Saíde a andar polo monte e buscade landras. Iso é unha landraina! 😉

- Apañádeas e traédeas a Campo Maneiro, a un colector que está diante do pavillón.

- Tedes ata o 15 de outubro. 

Despois esas landras serán sementadas polos membros de Fousas ao Monte no monte comunal de Taragoña.

sábado, 28 de marzo de 2020

E as nosas cabuxas?

O tempo pasa, levamos quince días sen ir ao cole. E as nosas cabuxas? Como estarán? Se o queredes saber entrade no blog da BBS, alí tedes información.


xoves, 24 de outubro de 2019

Landraina


Animádesvos volver á Senda de Taragoña?
Desta vez organiza Fousas ao Monte e ademais da andaina recolleremos landras para despois sementar polo monte na zona de Campo Maneiro.