Kapla segue a ser un dos nosos recursos favoritos do Espazo Argalleiro. Algúns xa lle teñen collido o punto e anímanse con creacións propias que son máis chulas que as que veñen suxeridas nas guías. Bravo, Carlos!
domingo, 16 de maio de 2021
"Kapla creación"
domingo, 28 de marzo de 2021
Circuítos en papel
Este venres traballamos de novo con circuítos sobre papel, usando adhesivo de cobre. Desta vez complicamos un pouco a proposta e cada quen tivo que deseñar e crear o seu propio circuíto, asegurando que funcionaban. Está claro que en Sexto non hai circuíto que se resista, mans á obra e as luces comezaron a alumear. 😎
![]() |
| A cabeza non para! E as tesoiras tampouco 😉 |
sábado, 13 de marzo de 2021
Estrela Rosalía
Este venres estivemos a probar os circuítos en papel con adhesivo de cobre, unha das posibilidades de traballar coa electricidade que trouxera ao cole Paola Guimaráns cando estivera en novembro. Desta vez preparamos unha postal con Rosalía e a súa estrela, que alumea o universo a 240 anos luz do noso planeta.
"As estreliñas todas que aló no espazo están,
sorrindo nos miraban con suave claridade".
As nosas postais alumean para lembrar a importancia de Rosalía para as nosas letras e a nosa cultura.
martes, 16 de febreiro de 2021
Vinte e un tipos de Paz
Ao longo do mes de xaneiro e parte de febreiro, a aula de Valores Sociais e Cívicos estivo traballando na creación de pequenas curtas en Stop Motion baseadas nalgúns dos poemas da antoloxía Poemas para construír a Paz que publicou a BBS en xaneiro do 2020. Nestas últimas catro entradas tedes o resultado do traballo realizado. Desta vez a edición das montaxes fíxoa cada grupo, usando a app Stop Motion Studio e as tablets da BBS.
Lembranza para Alí Smaín
Paz
Un soldado detrás dun fusil
sábado, 13 de febreiro de 2021
Marcapáxinas con muíños 3D
A participación no Trivial do Brea Segade foi de tal nivel, que recibimos un merecido premio, marcapáxinas con muíños 3D, deseño de Rita 😍































