Este xoves saímos colocar os carteis que preparamos para concienciar contra o lixo en Campo Maneiro.
![]() |
| E tamén recollemos lixo👌 |
Este xoves saímos colocar os carteis que preparamos para concienciar contra o lixo en Campo Maneiro.
![]() |
| E tamén recollemos lixo👌 |
Chegounos información de que os arredores das parcelas das cabuxas estaban empezando a ter moito lixo, fundamentalmente, restos das merendas das persoas que veñen visitar ás cabuxas e a Michel. Empezamos por non dar creto 😲, fómonos enfadando 😠 e, para non chegar a máis, animámonos a facer carteis que se poñerán nesas zonas, a ver se só foi un despiste e a xente entra en razón. 😏
Míchel, o novo burro fariñeiro do proxecto Máis ca leña, xa leva un par de días en Taragoña e, pouco a pouco, empeza a sentirse na casa.
![]() |
| Que bonito é! 😍 |
Aquí vai unha montaxe coas imaxes da participación de Sexto na plantación e na saída do venres pasado.
Grazas a Fousas ao Monte, a Comunidade de Montes de Taragoña e ao Concello de Rianxo. Grazas, Emilio!
![]() |
| Bo traballo, rapaces e rapazas! |
Este venres saiu o sol, despois de semanas, e puidemos retomar proxectos da Aula de Música, que estaban pendentes do bo tempo, e que incluíron tamén ir darlle unha visita ás cabras e ás melloras nas instalacións onde están.😍
Rematamos o magosto saíndo a Campo Maneiro a sementar as castañas que xa viñan con gromo. Fomos pola parte de abaixo das pistas, para completar a plantación de árbores autóctonas que fixeramos hai anos e despois fomos ver as árbores que plantamos o curso pasado. Saudamos a Maria Luisa, como non? 😁 E lembrámonos de Alex. 😢
Seguen chegando landras e castañas, aínda temos ata o venres que vén, que esta fin de semana choveu e non se fixo a "sementeira". Así que xa sabedes, seguide apañando landras, se as atopades e tamén castañas.
Hoxe achegamos un feixe de castañas ao colector da Landraina de Fousas ao Monte. Aínda pode desparticipar mañá, o sábado farán a "sementeira". Animádevos!
Isabela xa trouxo landras para colaborar coa Landraína de Fousas ao Monte. Agora temos que animarnos os demais. Aproveitade estes días da ponte para apañar landras e castañas e levalas a Campo Maneiro ou traelas martes e as levamos xunt@s. Se ides na ponte, sacade foto. 😃
![]() |
| Moi ben, Isabela!👌 |
A Comunidade de Montes e o colectivo veciñal Fousas ao Monte piden a nosa colaboración para continuar enriquecendo os nosos montes con especies autóctonas.
Animádevos a participar, é moi sinxelo.
- Saíde a andar polo monte e buscade landras. Iso é unha landraina! 😉
- Apañádeas e traédeas a Campo Maneiro, a un colector que está diante do pavillón.
- Tedes ata o 15 de outubro.
Despois esas landras serán sementadas polos membros de Fousas ao Monte no monte comunal de Taragoña.