Amosando publicacións coa etiqueta proxectos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxectos. Amosar todas as publicacións

domingo, 20 de xuño de 2021

Excursión fin de curso

 Aínda que este foi un curso raro, con moitas restriccións pola pandemia, Sexto non podía marchar do cole sen ter a súa excursión de fin de curso. Escollemos unha ruta de sendeirismo, para asegurar que íamos estar en exterior e tamén para dar continuidade a un dos proxectos que levamos a cabo este curso. Fomos ata Meis, a facer a Ruta da Pedra e a Auga. Comezamos visitando o mosteiro de Armenteira e despois camiñamos á beira do río Armenteira ata chegar ao municipio de Ribadumia. 

Pola tarde iamos subir ao miradoiro da Siradella, pero empezou a chover forte cando estabamos empezando o camiño e tivemos que parar e rematar a saída xogando no colexio, que tampouco estivo mal. 

Foi un moi bo día!  Xornada de convivencia e de descuberta da natureza e do noso patrimonio artístico.




















domingo, 16 de maio de 2021

"Kapla creación"




 

Kapla segue a ser un dos nosos recursos favoritos do Espazo Argalleiro. Algúns xa lle teñen collido o punto e anímanse con creacións propias que son máis chulas que as que veñen suxeridas nas guías. Bravo, Carlos!

venres, 7 de maio de 2021

Proxecto Ríos: maio

Segunda saída de exploración ao noso "anaco do río Té"! Volvemos tomar datos e facer medicións, pero desta vez tamén observamos o bicherío que vive no río na primavera, e foi ben sorprendente. 

Grazas, Emilio, por guiarnos!












Máis información e imaxes no blog da BBS.

martes, 27 de abril de 2021

Digicraft

Hoxe comezamos a traballar co proxecto Digicraft de Intelixencia Artificial e Videoxogos. Comezamos empregando a axuda dunha intelixencia artificial, (chatbot), para resolver un misterio e descubrir un personaxe oculto. Todas as parellas chegaron ata Hedy Lammar, actriz e inventora austríaca que representa moi ben a curiosidade, iniciativa e creatividade que pretende promover este proxecto. Foi un bo comezo, seguiremos...




martes, 13 de abril de 2021

As mulleres facemos de todo

Comezamos a traballar coas entrevistas que se fixeron no cole ao longo do mes marzo "As mulleres facemos de todo" Escoitamos as entrevistas e baleiramos a información por medio dunha ficha, despois tocará investigar e aprender, porque estas todas estas mulleres teñen moito que contarnos e ensinarnos. 
 

venres, 4 de decembro de 2020

As nosas científicas: Rebeca Atienza

Noa presentounos a Rebeca Atienza, unha veterinaria galega que está traballando na preservación dos gorilas en África. 


xoves, 3 de decembro de 2020

Río Umia

 Noa presentounos outro dos ríos que temos cerca, da outra beira da ría, o Umia.