Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións

domingo, 21 de febreiro de 2021

Descubrindo a Rosalía de Castro

Animámosvos a entrar neste xogo de detectives elaborado por Ana Sánchez Sanmartín e Alba Carril Casanova e publicado en Aulas Galegas. Demostrade o moito que sabedes sobre Rosalía de Castro.

Día de Rosalía 2021

 

Empezamos a semana na que celebramos a Rosalía de Castro, a súa vida e a súa obra. Témola presente ao longo de todo o ano, pero nesta semana prestarémoslle unha atención especial.

martes, 16 de febreiro de 2021

Vinte e un tipos de Paz

Ao longo do mes de xaneiro e parte de febreiro, a aula de Valores Sociais e Cívicos estivo traballando na creación de pequenas curtas en Stop Motion baseadas nalgúns dos poemas da antoloxía Poemas para construír a Paz que publicou a BBS en xaneiro do 2020. Nestas últimas catro entradas tedes o resultado do traballo realizado. Desta vez a edición das montaxes fíxoa cada grupo, usando a app Stop Motion Studio e as tablets da BBS. 

Lembranza para Alí Smaín

Paz

Un soldado detrás dun fusil

mércores, 22 de abril de 2020

Rimando con preposicións

Con, de, contra,
deica, agás,
dúas follas
cara atrás.
Sen, segundo,
a, perante,
catro follas
cara adiante.
Xunta, dende,
en, senón,
oito follas
nun sillón.
Onda, para,
deica, con,
moitas follas
no salón.
Antonio García Teijeiro, Cando caen as follas, Everest Galicia, 2006.

Lemos este poema de Antonio García Teijeiro e despois puxémonos a xogar coa rima e as preposicións. Mirade o resultado, as nosas coplas con preposicións.


sábado, 28 de marzo de 2020

O Noso Manual do Poeta

O Manual para ser un Poeta é un texto de Fran Alonso, do seu libro O meu gato é un poeta. Nós non imos ser menos que un gato e tamén somos poetas, así que lle ampliamos unhas estrofas ao poema orixinal. Mirade que ben quedaron. 



Greguerías

En Castelán esta semana descubrimos o que son as greguerías e coñecemos algunhas das que escribiu o seu inventor, o escritor Ramón Gómez de la Serna. Aquí tedes as ilustracións tan chulas que Rita, Ezequiel, Lara, Nerea, Dália, Saúl, Lucía e Noa fixeron para as greguerías das letras do alfabeto de Gómez de la Serna. Tamén inventaron as súas propias greguerías e fixeron ilustracións.









El cero es un pollito.
La M es una nube.
La S es una serpiente.








La Y es una copa de champán.
La T es un martillo.
El 2 es un pato.
La H es una escalera.
El 11 son dos niños.

venres, 27 de marzo de 2020

Ponte a proba

Estamos rematando marzo, o mes da poesía, e nada mellor para despedilo que reler a nosa escolma Poesía nas casas. Unha vez feito imos ver como andamos de capacidade de observación e de memoria. 
Anímate a completar o seguinte cuestionario sobre os nosos poemas.  A ver como andas de observación e memoria.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSemx1u8RD09yYbmHYSn4283B_OHPjtleqOa-rV_2t6dj0tVAg/viewform?usp=sf_link

sábado, 21 de marzo de 2020

Día Mundial da Poesía na BBS

Non deixedes de ver os vídeos cos que a BBS celebra o Día da Poesía. E lembrade que aínda estades a tempo de seguir enviando os vosos se non o fixestes.
http://bibliobreasegade.blogspot.com/search/label/Poes%C3%ADa%20nas%20casas

Día Mundial da Poesía



Aquí tedes a escolma de poemas que entre todos preparastes estes días. Bo traballo! Boa escolma!

mércores, 18 de marzo de 2020

Poesía nas casas

Atentos/as á proposta da BBS Poesía nas casas. Aproveitade os vosos libros de poesía e preparade un poema e a súa ilustración para compartir no blog da biblio. Animádevos!

https://bibliobreasegade.blogspot.com/2020/03/poesia-nas-casas.html

sábado, 1 de febreiro de 2020

Poemas pola Paz

O 30 de xaneiro é o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este ano no cole celebŕamolo con poesía, Poemas para construír a Paz, no día a día, desde o máis próximo e coa implicación de todos e todas.
Nós traballamos sobre tres poemas: Corazón Senlleiro de Celso Emilio Ferreiro, Lembranza para Alí Smaín de Antonio García Teijeiro e Avións de Rafa Villar. Sobre eles fixemos murais que están na entrada do colexio cos das outras clases e gravamos un programa de radio conxunto, un monográfico sobre o Día da Paz.
Convidámosvos a escoitar o que os nenos e nenas do Brea Segade dicimos sobre a Paz e a Non Violencia.