Amosando publicacións coa etiqueta Educación Artística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación Artística. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de marzo de 2021

Estrela Rosalía

Este venres estivemos a probar os circuítos en papel con adhesivo de cobre, unha das posibilidades de traballar coa electricidade que trouxera ao cole Paola Guimaráns cando estivera en novembro. Desta vez preparamos unha postal con Rosalía e a súa estrela, que alumea o universo a 240 anos luz do noso planeta.

"As estreliñas todas que aló no espazo están, 

sorrindo nos miraban con suave claridade".

As nosas postais alumean para lembrar a importancia de Rosalía para as nosas letras e a nosa cultura.













sábado, 6 de marzo de 2021

Luz e cor

Este venres en Artística estivemos experimentando coa composición das cores e deseñamos carteis con cores planas inspirados no anuncio de Cinzano creado por Luís Seoane en 1952. 












sábado, 30 de xaneiro de 2021

Como recoñecer a unha bruxa

Onte comezamos a elaborar carteis anunciando "Como recoñecer a unha bruxa verdadeira", seguindo a valiosa información de Roald Dahl en As bruxas e as aprendendo as pautas básicas para o deseño de carteis e anuncios. Para elaboralos estamos a empregar a letra que usaba Castelao,  que nas fontes informáticas podemos atopar como Gallaecia.

Onte, 29 de xaneiro, foi o aniversario do nacemento de Castelao (29 de xaneiro de 1886) e hoxe, 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, adicado este ano á ilustradora Lolita Díaz Baliño.