luns, 30 de setembro de 2019

Aniversario de Alex

Hoxe Alex cumpriu 10 anos!
Celebrámolo cun biscoito riquísimo que papamos enteiriño, cantándolle e turrándolle "un pouquiño" das orellas. 😉


PARABÉNS ALEX!

Graciñas polo biscoito.

sábado, 28 de setembro de 2019

Paremos o cambio climático!

Este venres no recreo, tal e como fixeron moitos nenos/as e mozos/as en todo o mundo, no noso colexio paramos e protestamos contra o quentamento global cun minuto de silencio. Os nosos  carteis mostraron que sabemos do que falamos e que queremos que as cousas cambien para asegurar o futuro do noso planeta, que é o noso futuro.

















xoves, 26 de setembro de 2019

Concentración en Rianxo


Polo clima!

Mañá venres remataremos a semana do clima cunha concentración de protesta polo cambio climático e o quentamento do noso planeta. En quinto estamos preparando os nosos carteis e pancartas para mostrar a nosa preocupación, as nosas demandas e o noso compromiso co planeta.
















domingo, 22 de setembro de 2019

Semana do Clima

Coincidindo coa celebración da Cumbre sobre a Acción Climática da ONU (Organización de Nacións Unidas) que se está a celebrar en Nova Iorque, está convocada en todo o mundo unha Semana sobre o Clima que rematará o venres 27 cunha xornada de protesta contra o cambio climático. Sumarémonos a esta semana de descuberta, reflexión, protesta e compromiso contra o quencemento global e o cambio climático que ameazan a vida do noso planeta.

Para comezar a entender que é o cambio climático empregaremos este recurso do Espazo Abalar elaborado por María Manuela Abella Cruz

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1556613573/contido/cambio_climatico.html

mércores, 18 de setembro de 2019

Os soños na gaiola

A Biblioteca Brea Segade propón itineraios lectores para todos os cursos de Primaria. Son lecturas imprescindibles que ao longo do paso polo Brea Segade imos realizando conxuntamente. O itinerario lector de 5º para este curso comeza con poesía, cunha obra imprescindible de verdade, que todos os nenos e nenas galeg@s teñen que ler, recitar, cantar, gozar...
Os soños na gaiola de Manuel María é a nosa primeira lectura colectiva. Que sorte temos!

domingo, 15 de setembro de 2019

Hora de Ler

O xoves fomos á entrada da BBS a recoller a nosa 1º caixa de libros para a biblioteca de aula e comezamos coa Hora de Ler.


mércores, 11 de setembro de 2019

Avante toda!

Partimos; hoxe comezamos unha nova travesía, 5º de Primaria. 😃