Amosando publicacións coa etiqueta lecturas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lecturas. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de xuño de 2021

Mil cousas poden pasar. Libro II

Xa estamos de novo percorrendo as terra de Nil acompañados de Pouco, Lina, Neda, Mercurín, Propicius, Hedión, o gato Kandás...

Mil cousas poden pasar. Libro II de Jacobo Fernández Serrano, será a nosa última lectura compartida, o último título do itinerario lector de 6º. Sen dúbida vai ser un broche de ouro ás nosas lecturas en común. Gustaranos tanto como o Libro I? Houbo quen empezou a pedir por el xa en xaneiro 😉

sábado, 3 de abril de 2021

Prohibido leer a Lewis Carroll

 

Xa estamos metidos de cheo na lectura do seguinte libro do itinerario lector de Sexto, Prohibido leer a Lewis Carroll de Diego Arboleda, con ilustracións de Raúl Sagospe. 

Esta obra foi Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil no 2014, Premio Lazarillo no 2012, Premio White Ravens no 2014, Premio Fundación Cuatrogatos no 2014 e Mejor libro infantil  (de 6 a 12 años) Babelia no 2013.

Estamos ante unha das obras máis premiados da literatura infantil en castelán dos últimos anos, imos descubrir por que tantos premios e ver se estamos de acordo. 😃

sábado, 13 de marzo de 2021

LER

Elas superaron o reto que a BBS nos propuxo en novembro, completaron o pasaporte de lecturas de escritoras e este venres recibiron o seu agasallo: Adoro LER!

Noraboa, lectoras!


Noraboa, Noa!

mércores, 3 de febreiro de 2021

Un fermoso ovo branco

Rematamos co "fermoso ovo branco", a nosa participación na celebración do Día da Paz 2021. Traballamos sobre un conto ben fermoso, tanto como o ovo branco e pasamos moi bos momentos recreando a historia. Agora hai que ver o vídeo, o noso produto final 😃


venres, 15 de xaneiro de 2021

As bruxas

Comezamos a lectura dun novo título do noso itinerario lector: As bruxas de Roald Dahl, ilustrado por Quentin Blake.

Aínda acabamos de comezar pero xa sabemos que nos vai ser de moita utilidade para identificar e poñernos a salvo das bruxas verdadeiras...

Temos entre mans un dos clásicos imprescincibles da literatura infantil escrito por un dos mellores autores de historias para rapaces e rapazas de todos os tempos. 

A ler e a gozar!!!

 

luns, 14 de decembro de 2020

Mitos griegos

Estamos lendo unha escolma da mitoloxía grega elaborada por María Angelidou e publicada por Vicens Vives na colección Cucaña. 

"Mitos griegos" é unha boa aproximación ás orixes da nosa cultura; estamos a atopar o sentido de expresións, nomes, historias... que proceden da Antiga Grecia pero continúan moi vixentes hoxe en día.

domingo, 15 de novembro de 2020

Mochilas Viaxeiras

2ª viaxe das Mochilas Viaxeiras de 6º. 


Boas lecturas, Abel e Diego!

Reto: lectura de escritoras

Esta semana a BBS propúxonos un reto, a lectura dun mínimo de seis obras de escritoras galegas entre novembro e marzo. Cada obra que leamos temos que incluíla nun Pase de Lecturas que recibimos esta semana, e a comezos de marzo, coincidindo co Día da Muller, quen teña o pase completo recibirá un agasallo da BBS. Esta proposta pretende enlazar as conmemoracións do Día das Escritoras e o Día da Muller e dar a coñecer a obra de escritoras galegas de literatura infantil e xuvenil. 

Ponémonos mans...aos libros!






sábado, 31 de outubro de 2020

Mochilas Viaxeiras

Este venres saíron as Mochilas Viaxeiras. na nosa clase volvemos ter dúas, dobre posibilidade de gozar cos fondos da BBS.

As nosas mochilas comezaron viaxe nas casas de Rita e Dália. 

Boas lecturas!

martes, 20 de outubro de 2020

Plataforma de lectura dixital

Esta semana retomamos a lectura na Plataforma de lectura Dixital Elbe 2, que algúns comezaron a usar durante o confinamento. Desta vez facémolo tod@s na clase, na Hora de Ler e cos nosos ordenadores Edixgal. Moi boa combinación!