Amosando publicacións coa etiqueta cociña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cociña. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de abril de 2021

Receitas de Nereida

Aínda non tiveramos tempo, pero nunca é tarde para dar a benvida ao blog máis larpeiro e apetecible de toda a blogosfera. Receitas de Nereida é a páxina que acaba de abrir Nerea para compartir as súas creacións na cociña, con todo detalle. Todo explicado paso a paso, con imaxes, ingredientes, utensilios... Moi profesional!

Parabéns, Nerea! 

Seguro que todos/as imos consultar moito o teu blog.

xoves, 15 de outubro de 2020

As galletas de Hugo

Hugo estivo cociñando na ponte, seguindo unha das receitas do libro da BBS que levou a semana pasada, Sobremesas, da colección Cociña Infantil e Familiar. 

Mirade que pintaza teñen esas galletas!

Bravo, Hugo, estás feito un reposteiro de primeira!

 

venres, 14 de febreiro de 2020

Trenzas

Hoxe Nerea sorprendeunos cunhas trenzas de chocolate, feitas por ela, para compartir no recreo  😋😍. Descubrimos que temos a unha cociñeira de primeira entre nós; estaban boísimas!! Non deixamos nin as migallas!
Moitas grazas pola sorpresa, Nerea! Podes seguir sorprendéndonos sempre que queiras e teñas unha tarde "reposteira". 😘😘😘





domingo, 2 de febreiro de 2020

Polbiños de salchichas

Tremenda pintaza teñen estes polbiños feitos de salchichas que preparou Ezequiel seguindo as indicacións do libro da BBS que levou a semana pasada. Temos un chef de primeira na clase! 

xoves, 21 de novembro de 2019

Biscoito á cunca

Unha das cousas boas de traballar sobre receitas de cociña na clase é que ás veces, coma hoxe, levamos a sorpresa de ter unha proba no recreo. Isabela tróuxonos unha mostra do seu "biscoito á cunca". Estaba de lamber os bicos! Mirade nas fotos, ben se ve! 😛
Graciñas Isabela! 

En canto teñamos montado o noso libro de receitas probaremos a facelo 👌

Mmmm!

Larpeiras!


sábado, 16 de novembro de 2019

Receitas de outono

Esta semana estivemos traballando con receitas de cociña e con produtos de outono: millo, cabazas, castañas, cogomelos, champiñóns... O venres probamos a facer ditados colaborativos de receitas de comidas elaboradas con castañas. Cada grupo tiña unha receita diferente pendurada nun lugar diferente da clase e un a un fomos saíndo a ler parte da receita e despois ditala ao resto do grupo. Funcionou moi ben e serviunos para ir abrindo boca para o Magosto que celebramos despois do recreo 😋