venres, 28 de maio de 2021

Piscina : 3º venres

Xa van tres venres de piscina! E segue gustándonos tanto ou máis que o primeiro día. Nótanse xa os avances e a soltura na auga, pero sobre todo as caras de pasalo bomba!!











Aniversarios

 Onte foi o aniversario de Rubén 🎉🎉🎉 

Este curso, con tanto protocolo, xel, máscara e grupos burbulla, non publicamos fotos en todos os aniversarios 😞, pasóusenos, e xa houbo quen protestou 😱 Pero si que lle demos os parabéns a todo o mundo, eh! E cantamos! Iso si 😉

Moitos parabéns, Rubén!

Regueifando

Esta semana rematamos e gravamos a nosa regueifa de despedida. Tan ben quedou que decidimos mandala ao Enreguéifate 😍 O mellor, o ben que o pasamos facéndoa, cantándoa e gravándoa. 

domingo, 16 de maio de 2021

Alex

 Alex estivo de visita este xoves! Levabamos tempo sen vela e seguimos botándoa moito de menos. 

Grazas por vir, Alex! Encantounos verte! 😍

Decálogo contra as "Fake News"

En Valores Sociais e Cívicos levamos un tempo traballando sobre os embustes nos medios de comunicación e nas redes sociais, as "Fake News". Como remate do traballo elaboramos un mural cun decálogo contra as Fake News baseado nun dos documentos cos que traballamos estas semanas, o decálogo elaborado por comunicadores/as da Radio Televisión Pública Vasca. 

Ollo ás Fake News, están por todos lados, hai que estar atentos/as e saber detectalas. 





"Kapla creación"




 

Kapla segue a ser un dos nosos recursos favoritos do Espazo Argalleiro. Algúns xa lle teñen collido o punto e anímanse con creacións propias que son máis chulas que as que veñen suxeridas nas guías. Bravo, Carlos!

venres, 7 de maio de 2021

Na piscina

Hoxe comezamos o curso de natación na piscina de Rianxo. Xa vedes que a cousa foi ben, moooi ben!






Creando videoxogos

Hoxe tivemos un obradoiro de creación de videoxogos con Carlos Ces, o informático do Concello de Rianxo. Mirade o que aprendemos a facer! E acabamos de empezar.

Grazas, Carlos!








 
 


Bye, teacher Yolanda!

Esta semana despedímonos de Yolanda, que foi a profe de Inglés desde comezos de curso, sustituíndo a Seve. Grazas por estes meses que conviviches con nós e moita sorte no teu seguinte destino. 😘

Proxecto Ríos: maio

Segunda saída de exploración ao noso "anaco do río Té"! Volvemos tomar datos e facer medicións, pero desta vez tamén observamos o bicherío que vive no río na primavera, e foi ben sorprendente. 

Grazas, Emilio, por guiarnos!












Máis información e imaxes no blog da BBS.

xoves, 6 de maio de 2021

Digicraft: robots

A segunda proposta do programa Digicraft implicaba a creación de robots con materiais de refugallo seguindo unhas indicacións que facían referencia a tamaño e utilidade. Traballamos en grupos de catro. En primeiro lugar cada grupo recibiu unha ficha co tipo de robot que tiña que deseñar e construir: vixilancia, doméstico,aéreo, de exploración e asistencial. Buscamos información sobre ese tipo de robots e partindo deses datos e da nosa creatividade comezamos a deseñar, describir e crear. Por último compartimos o traballo de cada grupo co resto da clase. Foi moi interesante!