Amosando publicacións coa etiqueta outono. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta outono. Amosar todas as publicacións

venres, 2 de outubro de 2020

Landraina

 

 

A Comunidade de Montes e o colectivo veciñal Fousas ao Monte piden a nosa colaboración para continuar enriquecendo os nosos montes con especies autóctonas.

Animádevos a participar, é moi sinxelo.

- Saíde a andar polo monte e buscade landras. Iso é unha landraina! 😉

- Apañádeas e traédeas a Campo Maneiro, a un colector que está diante do pavillón.

- Tedes ata o 15 de outubro. 

Despois esas landras serán sementadas polos membros de Fousas ao Monte no monte comunal de Taragoña.

sábado, 16 de novembro de 2019

Magosto

Este venres, cun frío de raio, pero cunha pequena tregua da chuvia, celebramos o Magosto no Brea Segade. Coma xa é tradición Tino e Charo foron os encargados de asar as castañas e, como xa é tradición, estaban boísimas. Coas barrigas cheas pasamos aos xogos: corda, birlos, zancos, tragacastañas, chave, petanca, sacos, pano, aros... Este ano non puidemos sacar as carrilanas, que sempre molan, pero foi moi divertido.







Cogomelos xigantes!!

O venres no recreo atopamos cogomelos xigantes na horta do cole!! 😱



Receitas de outono

Esta semana estivemos traballando con receitas de cociña e con produtos de outono: millo, cabazas, castañas, cogomelos, champiñóns... O venres probamos a facer ditados colaborativos de receitas de comidas elaboradas con castañas. Cada grupo tiña unha receita diferente pendurada nun lugar diferente da clase e un a un fomos saíndo a ler parte da receita e despois ditala ao resto do grupo. Funcionou moi ben e serviunos para ir abrindo boca para o Magosto que celebramos despois do recreo 😋