Saúl ten unha tarxeta gráfica nova e está a tope en modo creación. Un dos primeiros pixel art que fixo foi este. Coñécese ben o que é, non? Perfecta combinación de tecnoloxía e natureza 😉 😍
Seguiremos atent@s ás túas creacións, Saúl 👌
Saúl ten unha tarxeta gráfica nova e está a tope en modo creación. Un dos primeiros pixel art que fixo foi este. Coñécese ben o que é, non? Perfecta combinación de tecnoloxía e natureza 😉 😍
Seguiremos atent@s ás túas creacións, Saúl 👌
Este xoves saímos colocar os carteis que preparamos para concienciar contra o lixo en Campo Maneiro.
![]() |
| E tamén recollemos lixo👌 |
Chegounos información de que os arredores das parcelas das cabuxas estaban empezando a ter moito lixo, fundamentalmente, restos das merendas das persoas que veñen visitar ás cabuxas e a Michel. Empezamos por non dar creto 😲, fómonos enfadando 😠 e, para non chegar a máis, animámonos a facer carteis que se poñerán nesas zonas, a ver se só foi un despiste e a xente entra en razón. 😏
Míchel, o novo burro fariñeiro do proxecto Máis ca leña, xa leva un par de días en Taragoña e, pouco a pouco, empeza a sentirse na casa.
![]() |
| Que bonito é! 😍 |
Aquí vai unha montaxe coas imaxes da participación de Sexto na plantación e na saída do venres pasado.
Grazas a Fousas ao Monte, a Comunidade de Montes de Taragoña e ao Concello de Rianxo. Grazas, Emilio!
![]() |
| Bo traballo, rapaces e rapazas! |
Este venres saiu o sol, despois de semanas, e puidemos retomar proxectos da Aula de Música, que estaban pendentes do bo tempo, e que incluíron tamén ir darlle unha visita ás cabras e ás melloras nas instalacións onde están.😍
Neste tempo frío chegounos outra "folerpa de neve". A cabra branca coa que estivemos venres pariu esta noite unha cabuxiña branca con manchas negras 😍😍😍😍
Xa son 22 no rabaño! Benvida!
O proxecto Máis ca leña da Comunidade de Montes o Fieitoso e o colectivo veciñal Fousas ao Monte continúa avanzando a bo ritmo e empeza o 2021 con novidades e melloras.
Este venres, aproveitando o día frío, pero seco e solleiro, fomos ver de primeira man as novas instalacións que se acondicionaron para as cabras recén paridas e as súas crías. Vaaale, realmente fomos coñecer as novas crías e saúdar ás súas nais 😍
De lado do cole comprobamos que hai crías en camiño. A cabuxa branca está preñada e non ha tardar en darnos máis alegrías.
Comezamos o 2021 con 21 cabuxas no rabaño, non está nada mal!!!
![]() |
| A plantar!! |
![]() | |
| Listo! |