Hoxe, despois de case 6 meses, volvemos ao colexio!
Imos notar moitos cambios, sobre todo un protocolo que temos que coñecer e cumprir, para conseguir un obxectivo fundamental: que esteamos ben e que a nosa escola sexa un lugar seguro para estar xunt@s, para aprender e para ser felices.
Este logo, o Corona Buster creado por Pedro Cifuentes, debuxante e profesor de Secundaria, paréceme fantástico para representar a que ten que ser a nosa prioridade este curso: coidarnos, manter a raia ao coronavirus e non permitir que nos amargue o curso.
Comezamos! Mans á obra!