sábado, 31 de outubro de 2020

Samaín 2020

É tempo de Samaín!

Non puidemos celebrar como todos os anos. Botamos en falla o tunel do terror na entrada, os obradoiros e xogos con todas as clases do cole, as larpeiradas, a exposición de cabazas... Pero non faltaron os disfraces, o bo humor e o traballo en torno ao Samaín, que este ano, necesariamente, ten que celebrarse na casa. 

Estes son os nosos deseños partindo da película Pesadelo antes de Nadal de Tim Burton.















Mochilas Viaxeiras

Este venres saíron as Mochilas Viaxeiras. na nosa clase volvemos ter dúas, dobre posibilidade de gozar cos fondos da BBS.

As nosas mochilas comezaron viaxe nas casas de Rita e Dália. 

Boas lecturas!

Que andarán a facer?

 Que estarán a facer en Valores? Algo andar a argallar, que será? Seguiremos informando.






Debuxando rostros, creando personaxes

 En Educación Artística José Luis ensinounos como debuxar diferentes expresións nos rostros e crear personaxes . Mirade que produtiva foi unha soa sesión de traballo! Agora só nos queda seguir aprendendo, probando e creando.










Día das Bibliotecas: Biblioteca Brea Segade

 Así vemos a BBS en Sexto:

xoves, 22 de outubro de 2020

Gravando

Luces, cámara, acción!





Parabéns Sexto! Que ben o fixestes!

martes, 20 de outubro de 2020

Aniversario de Froilán

Hoxe é o aniversario de Froilán! Con máscaras e desde os nosos sitios cantámoslle o Parabéns!  nada máis chegar a clase. Cambiamos o xeito de celebrar, pero un aniversario ten que celebrarse sempre, claro que si!

PARABÉNS, FROILÁN!🎉🎉


Plataforma de lectura dixital

Esta semana retomamos a lectura na Plataforma de lectura Dixital Elbe 2, que algúns comezaron a usar durante o confinamento. Desta vez facémolo tod@s na clase, na Hora de Ler e cos nosos ordenadores Edixgal. Moi boa combinación!







domingo, 18 de outubro de 2020

Castañas de Froilán

Seguen chegando landras e castañas, aínda temos ata o venres que vén, que esta fin de semana choveu e non se fixo a "sementeira".  Así que xa sabedes, seguide apañando landras, se as atopades e tamén castañas.