martes, 27 de abril de 2021

Receitas de Nereida

Aínda non tiveramos tempo, pero nunca é tarde para dar a benvida ao blog máis larpeiro e apetecible de toda a blogosfera. Receitas de Nereida é a páxina que acaba de abrir Nerea para compartir as súas creacións na cociña, con todo detalle. Todo explicado paso a paso, con imaxes, ingredientes, utensilios... Moi profesional!

Parabéns, Nerea! 

Seguro que todos/as imos consultar moito o teu blog.

Pixel art

Saúl ten unha tarxeta gráfica nova e está a tope en modo creación. Un dos primeiros pixel art que fixo foi este. Coñécese ben o que é, non? Perfecta combinación de tecnoloxía e natureza 😉 😍

Seguiremos atent@s ás túas creacións, Saúl 👌


Digicraft

Hoxe comezamos a traballar co proxecto Digicraft de Intelixencia Artificial e Videoxogos. Comezamos empregando a axuda dunha intelixencia artificial, (chatbot), para resolver un misterio e descubrir un personaxe oculto. Todas as parellas chegaron ata Hedy Lammar, actriz e inventora austríaca que representa moi ben a curiosidade, iniciativa e creatividade que pretende promover este proxecto. Foi un bo comezo, seguiremos...




xoves, 22 de abril de 2021

Enreguéifate!

Hoxe tivemos a sorte de participar nun obradoiro de regueifas con Josiño da Teixeira e Lupe Blanco. Rianxo é un dos concellos que impulsa o proxecto educativo Enreguéifate!, que busca promover a improvisación oral en verso e en lingua galega, por medio da difusión da regueifa.

Josiño e Lupe ensináronnos os trucos para compoñer boas coplas e ao rematar o obradoiro xa marchamos tod@s regueifando. Continuaremos...

Grazas Lupe e Josiño! Encantounos!





sábado, 17 de abril de 2021

Lixo non!

Este xoves saímos colocar os carteis que preparamos para concienciar contra o lixo en Campo Maneiro. 












E tamén recollemos lixo👌