O venres rematou o curso de piscina. 😥
![]() |
| Grazas! Encantounos! |
Onte fomos de visita ao IES Félix Muriel, o que será o noso centro o vindeiro curso. Iamos nerviosos/as, pero voltamos encantados/as e con ganas de que chegue setembro.
Grazas a Martina e Amparo, que nos acompañaron na visita e moitas grazas aos nosos antigos compañeiros Sara, Álex e Ainara, que nos contaron as súas impresións agora que xa levan un curso no insti.
Xa van tres venres de piscina! E segue gustándonos tanto ou máis que o primeiro día. Nótanse xa os avances e a soltura na auga, pero sobre todo as caras de pasalo bomba!!
Hoxe tivemos un obradoiro de creación de videoxogos con Carlos Ces, o informático do Concello de Rianxo. Mirade o que aprendemos a facer! E acabamos de empezar.
Grazas, Carlos!
Segunda saída de exploración ao noso "anaco do río Té"! Volvemos tomar datos e facer medicións, pero desta vez tamén observamos o bicherío que vive no río na primavera, e foi ben sorprendente.
Grazas, Emilio, por guiarnos!
Máis información e imaxes no blog da BBS.
Hoxe tivemos a sorte de participar nun obradoiro de regueifas con Josiño da Teixeira e Lupe Blanco. Rianxo é un dos concellos que impulsa o proxecto educativo Enreguéifate!, que busca promover a improvisación oral en verso e en lingua galega, por medio da difusión da regueifa.
Josiño e Lupe ensináronnos os trucos para compoñer boas coplas e ao rematar o obradoiro xa marchamos tod@s regueifando. Continuaremos...
Grazas Lupe e Josiño! Encantounos!
Hoxe fomos a andar ao río Té. Foi a nosa primeira saída dentro do Proxecto Ríos, para descubrir o treito do que somos responsables e para recoller datos para a 1ª inspección do río. Fixemos unha chea de cousas: medir, calcular, observar, analizar... Foi unha mañá de clase no río con Mates, Sociais, Lingua, Naturais, Educación Física, Valores... e moito aire puro. Que máis se pode pedir?
Grazas, Emilio!