Amosando publicacións coa etiqueta Itinerario lector 5º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Itinerario lector 5º. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de maio de 2020

O tempo do revés

Comezamos unha nova lectura en común. Imos ler O tempo do revés de María Solar e ilustrado por Xosé Tomás. É outro dos títulos da colección de ciencia, Meiga Moira da Editorial Baía, dentro da súa iniciativa Con vós na casa, que nos permite ler libros de balde en rede. 
Con Boa Sorte aproveitamos para aprender e traballar sobre meteoroloxía, algunha idea de cal será a temática desta vez? 😉

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/OTempoDoReves_MariaSolar_BaiaEdicions.pdf

domingo, 19 de abril de 2020

Boa sorte

Na semana do libro imos comezar unha lectura compartida, un novo título do itinerario lector de 5º. Nesta ocasión imos ler en rede e para iso escollemos un título que Baía Edicións pon a disposición de todos nós dentro da súa iniciativa Baía con vós na casa.

Boa sorte de María Solar e con ilustracións de Xosé Tomás vai ser a nosa lectura compartida nestas ultimas semanas de abril.

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/BoaSorte_MariaSolar_BaiaEdicions.pdf

domingo, 24 de novembro de 2019

Aventuras de "la mano negra"

Comezamos cun novo título do itinerario lector de 5º: Aventuras de "la mano negra" de Hans Jürgen Press. Desta vez leremos historias policíacas protagonizadas por unha panda de nenos e nenas que son uns detectives incribles. O mellor do libro é que teremos botarlles unha man e usar a nosa capacidade de observación e deducción para ir resolvendo os casos. 
Irémolo alternando con Se queres pasar medo, así que misterio, medo e intriga van protagonizar as nosas lecturas en castelán no que queda de trimestre.

domingo, 10 de novembro de 2019

Contos colaborativos

Esta semana comenzamos a escribir contos de medo inspirados pola lectura de Si quieres pasar miedo de Angela Sommer Bodenburg. Van ser contos de autoría colectiva, un por grupo, así que toca falar, negociar, chegar a acordos, colaborar... Como en moitas outras cousas, o proceso vai ser case máis importante que o resultado, pero polo que imos vendo, os resultados prometen 😉







Si quieres pasar miedo

Comezamos a ler un novo título do itinerario lector de 5º seleccionado pola Biblioteca Brea Segade: Si quieres pasar miedo, de Angela Sommer-Bodenburg. 
De momento, tod@s queremos pasar medo 😱 😲 e a tod@s nos están enganchando as historias deste libro. A ver se segue así!

domingo, 6 de outubro de 2019

O meu barco

O meu barco, poema de Os soños na Gaiola de Manuel María, musicado por Suso Vaamonde.

mércores, 18 de setembro de 2019

Os soños na gaiola

A Biblioteca Brea Segade propón itineraios lectores para todos os cursos de Primaria. Son lecturas imprescindibles que ao longo do paso polo Brea Segade imos realizando conxuntamente. O itinerario lector de 5º para este curso comeza con poesía, cunha obra imprescindible de verdade, que todos os nenos e nenas galeg@s teñen que ler, recitar, cantar, gozar...
Os soños na gaiola de Manuel María é a nosa primeira lectura colectiva. Que sorte temos!