Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións

sábado, 13 de febreiro de 2021

Xogos pola integración

 Rematamos a mañá xogando pola inclusión e a integración, coa caixa de xogos de Amicos que aínda non tiveramos ocasión de usar tod@s xunt@s. 











Foi un Entroido diferente, pero foi un moi bo venres de Entroido no colexio. 😉

Venres de Entroido en 6º

 Así ataviados/as chegamos a clase, seguindo ao pé da letra os mandados do Toribio, como debe ser!







A sorpresa foi atopar as mesas dispostas en "grupos con distancia" e o encerado tuneado:


O Trivial do Brea Segade! Natureza e medioambiente, Xeografía, deportes, espectáculos, Matemáticas e Entroido, seis temas para demostrar o moito que sabemos, botar unhas risas e pasalo ben neste Entroido diferente.





sábado, 6 de febreiro de 2021

Toribio por videoconferencia

Hoxe chegounos o primeiro mandado do Toribio! 

Estamos en tempo de Entroido, si, aínda que este ano sexa moi diferente. Para empezar o Toribio conéctase por videoconferencia, parece ser que está confinado e non pode achegarse ata a escola, pero non quere perder a oportunidade de darnos ordes e poñernos a tod@s en acción. Así que, aquí vai, atentos ao que temos que levar luns:

sábado, 22 de febreiro de 2020

Venres de Entroido

O venres de Entroido no cole sempre é unha festaza, este ano non foi menos. O tema dos disfraces era o mar e o Brea Segade encheuse de mariñeiros/as, mariscadores/as, peixes, mergulladores, piratas, sereas...

A chegada ao cole.


List@s para o pasarrúas.




En Campo de Pazos.





A tripulación do Brea Segade



De volta no cole merenda e baile







A queima do Toribio







E agora a celebrar o Entroido nas casas, nas aldeas, nas parroquias... 

Viva o Entroido!