xoves, 30 de abril de 2020

Creando historias

Esta semana escribimos contos en Castelán. Partimos dunhas imaxes de personaxes e lugares e deixamos que a vosa imaxinación fixera o resto, aquí está o resultado. Veredes que bos escritores/as e contadores/as temos na clase.

Preme na imaxe ou no texto para entrar nos arquivos de audio:


https://drive.google.com/drive/folders/1UpKfGUlu8Cl-XecMwK9u35hHqcirmXIO


Algúns contos témolos en formato escrito, non audio.

mércores, 29 de abril de 2020

Día da Danza

Hoxe é o Día Internacional da Danza. Mirade que chulada de vídeo prepararou para celebralo a Asociación de Música e Baile Tradicional Abeloura de Cespón. A ver se coñecedes a alguén 😉



Feliz Día da Danza!

Superheroes

Aquí van algúns dos superheroes que fixestes para Inglés, o de Rafa e o de Lucas.  Están moi, moi ben!



luns, 27 de abril de 2020

Máis primeiros paseos

Seguimos recibindo imaxes dos primeiros paseos deste domingo. Sabedes onde son?

domingo, 26 de abril de 2020

Primeiros paseos

Hoxe os menores de 14 anos puideron empezar a saír a pasear por primeira vez en 45 días.
Imos ir compartindo as vosas imaxes sen poñer onde foron quitadas.
Recoñecedes os sitios? Animádevos a entrar en comentarios e dicir onde estiveron os compañeiros/as que mandaron foto.
Iso sí, todos tedes cara de estar moooi contentos/as coa saída 😀 Normal!















Banda deseñada e onomatopeas

En castelán estivemos traballando sobre as onomatopeas e puxemos en práctica o aprendido creando unha tira cómica. Aquí tedes algunhas das nosas creacións, mirade que artistas hai en 5º.

xoves, 23 de abril de 2020

Moncho e a mancha

No Día do Libro compartimos o agasallo lector que preparamos, desde as casas, para enviarlle aos nenos e nenas de 1º e 2º, que de momento só poderán ser os nosos afillados e afilladas lectores na distancia.

mércores, 22 de abril de 2020

Rimando con preposicións

Con, de, contra,
deica, agás,
dúas follas
cara atrás.
Sen, segundo,
a, perante,
catro follas
cara adiante.
Xunta, dende,
en, senón,
oito follas
nun sillón.
Onda, para,
deica, con,
moitas follas
no salón.
Antonio García Teijeiro, Cando caen as follas, Everest Galicia, 2006.

Lemos este poema de Antonio García Teijeiro e despois puxémonos a xogar coa rima e as preposicións. Mirade o resultado, as nosas coplas con preposicións.


luns, 20 de abril de 2020

Aniversario de Nerea

Hoxe é o aniversario de Nerea!🎈🎈

Parabéns para ti 🎵🎶

MOITOS PARABÉNS, NEREA!🎉🎉

Xa vemos que fixestes unha festaza e celebrastes por todo o alto eses fantásticos 11 anos que cumpres hoxe. Aquí van, de momento, os nosos bicos e tiróns de orellas virtuais.

Xa son catro os aniversarios que temos pendentes, non perdades a conta, eh? 😉

domingo, 19 de abril de 2020

Boa sorte

Na semana do libro imos comezar unha lectura compartida, un novo título do itinerario lector de 5º. Nesta ocasión imos ler en rede e para iso escollemos un título que Baía Edicións pon a disposición de todos nós dentro da súa iniciativa Baía con vós na casa.

Boa sorte de María Solar e con ilustracións de Xosé Tomás vai ser a nosa lectura compartida nestas ultimas semanas de abril.

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/BoaSorte_MariaSolar_BaiaEdicions.pdf

Na BBS tod@s contamos



Animádevos a contarnos un conto en familia!

venres, 17 de abril de 2020

O Papagaio

http://bibliobreasegade.blogspot.com/2020/04/o-papagaio-de-abril.html
O Papagaio do mes de abril chegou á BBS, chegou virtual, pero chegou. Entrade no blog da biblioteca para lelo e descubrir que novidades trae. Boa lectura para esta finde.

mércores, 15 de abril de 2020

Aniversario de Diego

Hoxe Diego cumpre 11 anos! 🎉🎊

PARABÉNS, DIEGO!
 
Parabéns para ti, parabéns para ti 🎵🎶
Que pintaza esa torta! 

Celebrádeo por todo o alto! 

Na clase xa temos 3 cumpres para celebrar e 3 pares de orellas das que turrar. Non imos dar feito! 😉

martes, 14 de abril de 2020

3º trimestre

Hoxe comezamos o 3º trimestre e facémolo desde a casa, tal e como acabamos o 2º. Lembrades que cando comezamos a corentena tivemos unha entrada no noso blog con ideas para pasar o tempo nas casas? Pois xa levamos un mes e hoxe imos compartir vivencias, non ideas.


Entra en comentarios e contesta a estas tres preguntas sobre as túas vivencias en corentena:

- Que foi o mellor deste mes de confinamento?

- Fixeches algo do que estás especialmente orgulloso/a?
Cociñaches algún prato especial, resolviches un enigma, superaches un reto, probaches algo novo, fixeches algo por primeira vez, conseguiches algo que nunca che saía...?


- Que é o que che gustaría facer o primeiro día que volvamos saír? 

- Calquera outra cousa que queiras comentar 😀

mércores, 8 de abril de 2020

Abril, mes dos libros

No mes de abril a Biblioteca Brea Segade está a publicar unha entrada diaria no blog con propostas de lectura en rede para tod@s. Lembrade visitar o blog da biblio para descubrir contacontos, vídeos, libros dixitais e continuar gozando da lectura desde as casas.

https://bibliobreasegade.blogspot.com/search/label/Abril%20mes%20dos%20libros


martes, 7 de abril de 2020

Oda ao futbolín

Para futboleiros e futboleiras que estes días botan de menos os partidos do recreo no campo de terra do Brea Segade: Oda ao futbolín, un clásico dos Diplomáticos de Montealto, un grupo de rock que foi moi famoso na década dos 90 e ao que debemos grandes temas da música galega moderna. Esta foi unha canción que compuxeron para o Xabarín Club e que seguro que os vosos pais e nais lembran ben. Ademais de cantar e bailar, investigade se a canción conta a verdade e aproveitade para descubrir quen foi Alexandre de Fisterra.

sábado, 4 de abril de 2020

Tulipáns con papiroflexia

Xa que estamos falando e traballando sobre plantas e flores, aquí tedes unha proposta para poñer a proba as vosas habilidades co papel. Atopamos en Aulas Galegas estes tulipáns tan xeitosos. Animádesvos? Mándade foto das vosas creacións.


xoves, 2 de abril de 2020

Aniversario de Saúl

Hoxe é o aniversario de Saúl!

Xa temos outro mozo de 11 anos na clase. Pensabamos celebralo de excursión na Coruña, pero non queda outra que celebralo nas casas. Así que...


PARABÉNS, SAÚL !🎊🎉🎉
 

Parabéns para ti 🎶🎵

Xa temos dúas festas para celebrar á volta; ide anotando, non nos imos saltar ningunha celebración cando poidamos facelo. 😉

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Hoxe 2 de abril, é o Día do Libro Infantil e Xuvenil. No blog da BBS tedes varias entradas para celebrar este día na casa pero hai unha que destaca especialmente.
Non vos perdades o conto de Rita e Minia. Que bonito! Aplaudimos desde as casas 👏👏👏👏



mércores, 1 de abril de 2020

Plantas e flores

Estas semanas en Naturais estamos traballando sobre plantas e flores. Aquí tedes algúns dos esquemas gráficos que estivestes facendo. Moi bo traballo, rapaces e rapazas!

Quedamos na casa

https://view.genial.ly/5e720df40ee9570f5b714b86

Despois do Jumanji Matemático compartimos un novo xogo creado por Amalia P. Otero, que atopamos en Aulas Galegas. Chámase Quedamos na casa e volve ser unha proposta de xogo en familia, desta vez para facer probas e moverse pola casa. Probádeo e contádenos que tal.