mércores, 30 de xuño de 2021

Rematamos

Esta é a ultima publicación deste blog no que compartimos o día a día de dous cursos peculiares, pero moi especiais. Manteremos aberto este recuncho para poder volver sempre que queiramos e poder lembrar o que vivimos xunt@s, pero ata aquí chegamos; o curso remata e con el rematan as publicacións no noso blog de sexto
Moita sorte! 
 
Xa sabedes que o Brea Segade segue a ser a vosa casa, iso sempre. 😘

xoves, 24 de xuño de 2021

Sexto


Querémosvos moito, Sexto! 

Seguide medrando así de ben, fortes e sendo como sodes. 

Bicos 😘😘

E se facemos un baile?

Obradoiros

Comezamos aúltima mañá no cole con obradoiros de pulseiras e estoxos, nos nosos grupos burbulla.













 

domingo, 20 de xuño de 2021

Bicicleta humana


 Van directos/as para o circo!! 😂😂

Excursión fin de curso

 Aínda que este foi un curso raro, con moitas restriccións pola pandemia, Sexto non podía marchar do cole sen ter a súa excursión de fin de curso. Escollemos unha ruta de sendeirismo, para asegurar que íamos estar en exterior e tamén para dar continuidade a un dos proxectos que levamos a cabo este curso. Fomos ata Meis, a facer a Ruta da Pedra e a Auga. Comezamos visitando o mosteiro de Armenteira e despois camiñamos á beira do río Armenteira ata chegar ao municipio de Ribadumia. 

Pola tarde iamos subir ao miradoiro da Siradella, pero empezou a chover forte cando estabamos empezando o camiño e tivemos que parar e rematar a saída xogando no colexio, que tampouco estivo mal. 

Foi un moi bo día!  Xornada de convivencia e de descuberta da natureza e do noso patrimonio artístico.




















Co mellor profe de música

luns, 14 de xuño de 2021

mércores, 9 de xuño de 2021

Enreguéifate 2021

 Aquí están os participantes do Enreguéifate 2021!

Participamos dous grupos de Rianxo: 6º do Brea Segade e a Aula de 1º D do Félix Muriel. Lembrádelos? É o grupo co que estivemos o día da nosa visita ao IES Félix Muriel.

Tremenda casualidade!!😁😁

Parabéns, 21 garabullos!!

martes, 8 de xuño de 2021

Mil cousas poden pasar. Libro II

Xa estamos de novo percorrendo as terra de Nil acompañados de Pouco, Lina, Neda, Mercurín, Propicius, Hedión, o gato Kandás...

Mil cousas poden pasar. Libro II de Jacobo Fernández Serrano, será a nosa última lectura compartida, o último título do itinerario lector de 6º. Sen dúbida vai ser un broche de ouro ás nosas lecturas en común. Gustaranos tanto como o Libro I? Houbo quen empezou a pedir por el xa en xaneiro 😉