domingo, 20 de xuño de 2021

Excursión fin de curso

 Aínda que este foi un curso raro, con moitas restriccións pola pandemia, Sexto non podía marchar do cole sen ter a súa excursión de fin de curso. Escollemos unha ruta de sendeirismo, para asegurar que íamos estar en exterior e tamén para dar continuidade a un dos proxectos que levamos a cabo este curso. Fomos ata Meis, a facer a Ruta da Pedra e a Auga. Comezamos visitando o mosteiro de Armenteira e despois camiñamos á beira do río Armenteira ata chegar ao municipio de Ribadumia. 

Pola tarde iamos subir ao miradoiro da Siradella, pero empezou a chover forte cando estabamos empezando o camiño e tivemos que parar e rematar a saída xogando no colexio, que tampouco estivo mal. 

Foi un moi bo día!  Xornada de convivencia e de descuberta da natureza e do noso patrimonio artístico.




















4 comentarios:

  1. Eu mo pasín moi ben, pero F polo calcetín de Noa.

    ResponderEliminar
  2. Encantoume moito ir de escursión, foi una chulada 🤠🤠🤠🤠🤠🤠🤠🤠🤠🤠🤠.

    ResponderEliminar
  3. A excursión estivo moi ven, pero choveu moito. MJEL

    ResponderEliminar
  4. Estivo moi chula a excursión debemos repetila. Rubén

    ResponderEliminar