O venres camiñamos ata o porto de Taragoña e desde alí ata a praia da Torre. Tivemos unha mañá de descuberta do noso medio natural: aves, cogumelos, carballos, castiñeiros, piñeiros, cerquiños, canas, fieitos, loureiros, lesmas, vermes, ratos... E tamén unha mañá de xogos, conversas e compañeirismo. Imposible pedir máis!
Tivemos a sorte de que viñera de andaina con nós Emilio Saborido, que nos foi explicando o que iamos atopando na senda. Grazas Emilio, por acompañarnos e compartir con nós o moito que sabes sobre o noso monte.
Aunque cheguin tarde, foi moi divertido xogar na praia da torre. Nerea
ResponderEliminarQUE CHULO JAJAJJAJ.Quinto.
ResponderEliminar