venres, 17 de xaneiro de 2020

Facendo sombras

Temos a sorte de que os Quinquilláns nos deixaron prestado o seu escenario de teatro de sombras, para ensaiar e representar a obra que estamos preparando en Valores. É unha pasada! Hoxe probámolo tod@s por primeira vez, facendo sombras só cos nosos corpos. Molou moito! 
Estivemos pouco tempo, pero para a semana voltaremos. Temos que aproveitalo ben mentres estea no cole 😉
Grazas Quinquilláns, Lucho e Tero! 😍











4 comentarios:

  1. Foi moi gracioso ver as sombras que facían os compañeiros.Nerea

    ResponderEliminar
  2. Esto foi moi guai pero adiviñavas moi rapido a persoa que estaba por detras. Rita

    ResponderEliminar