martes, 14 de abril de 2020

3º trimestre

Hoxe comezamos o 3º trimestre e facémolo desde a casa, tal e como acabamos o 2º. Lembrades que cando comezamos a corentena tivemos unha entrada no noso blog con ideas para pasar o tempo nas casas? Pois xa levamos un mes e hoxe imos compartir vivencias, non ideas.


Entra en comentarios e contesta a estas tres preguntas sobre as túas vivencias en corentena:

- Que foi o mellor deste mes de confinamento?

- Fixeches algo do que estás especialmente orgulloso/a?
Cociñaches algún prato especial, resolviches un enigma, superaches un reto, probaches algo novo, fixeches algo por primeira vez, conseguiches algo que nunca che saía...?


- Que é o que che gustaría facer o primeiro día que volvamos saír? 

- Calquera outra cousa que queiras comentar 😀

29 comentarios:

  1. A min gustariame facer ao sair unha acampada:DiegoF......

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E o mellor deste mes, que foi? Algo especial que fixeras?
      Cova

      Eliminar
  2. -Poder durmir hasta a tarde.
    -sorprendinme a min mesmo de facer os deberes creendo que non os podia facer.
    -Dar un gran paseo, ir a playa, ir a remo e volver a ver a os meus compañeiros.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Claro que os podías facer!
      Eu coincido contigo en varias cousas que quero faccer o primeiro día de volta :-)
      Cova

      Eliminar
  3. Buah, ¡¡¡xa pasaron dous trismestres por diante nosa!!! Poderemos con este!!!! Alejandra.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Claro que si, Alex! Poderemos.
      Pero non esquezas contarnos o mellor deste mes, algo especial que fixeras (pode ser o peluche que estás facendo) e o que che gustaría facer o primeiro día que saiamos da casa.
      Cova

      Eliminar
  4. Gracias por ponerme tan buenas notas;) y mucho animo. RAFAEL

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. As notas son túas Rafa, se son boas é porque o teu traballo foi bo :-)
      Lembra contarnos o mellor deste mes, algo especial que fixeches e que che gustaría facer o primeiro día que saiamos das casas.
      Cova

      Eliminar
  5. -Poder xogar online cos meus amigos.
    -Estou moi orgulloso sair a aplaudir a terraza.
    -O primeiro que farei sera ir o parque a xogar con un amigo meu de sexto.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que se preparen os parques! Temos moitas ganas deles, cos amig@s, claro :-)

      Eliminar
  6. Que poidamos estar ca familia.Gustariame volber a ver a todos os nosos amigos e xogar a o fubol

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O amig@s, os parques, o fútbol... van en cabeza, que ganiñas deles!
      Cova

      Eliminar
  7. Para min o mellor deste mes foi xogar co meu pai, que case nuca esta na casa e tamen me gustaríame ir ao parque e pasar alí todo o día. Breo

    ResponderEliminar
  8. Para min o mellor do confinamento foi o de estar deitado da casa e tamen as notas. Ezequiel 5º.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E que queres facer o primeiro día que saiamos da casa?
      Cova

      Eliminar
  9. Ola. Xa levamos un mes de confinamento é o mellor de este confinamento foi que por fin, a miña avoa sacou a filloeira porque só a saca cando son carnabais é tamén gustoume moito esto porque xoguei máis tempo cos meus pais é a miña irmá.
    Pois eu do que estiven orgullosa neste confinamento foi que fixen uns ovos recheos moi bos é tamén estou moi orgullosa porque conseguín facer un salto de lonxitude de 153,5 cm.
    O que a min me gustaría facer o primeiro día que salamos sería ir a ver aos meus primos é irme para Rianxo unha temporada.
    Tamén outra cousa que quero comentar é que nesta cuarentena os meus avos é os meus pais ensináronme a xogar a escoba (xogo de cartas) é agora aprendín tan ben que machacolles sempre nese xogo é doutra cousa que bos queria contar era que falaronme moito sobre a Guerra Civil máis a segunda Gerra Mundial, gústame moito aprender historias. Rita

    ResponderEliminar
  10. Filloas! Mmmm.
    Cociñeira, atleta, xogadora de cartas... Que mes máis ben aproveitado, Rita! Anoto o de xogar á "escoba", que a min tamén me gusta moito, e no noso recuncho de xogos xa temos unha baralla, a ver se nos acabas machacando a tod@s :-)
    Quédate con esas historias, Rita, para compartilas tamén con nós.
    Cova

    ResponderEliminar
  11. Oli, son Dália e eu na casa vexo pelis, xogo ao futbol, baloncesto, badmington e boleibol. Iso é o que fago na horta pero dentro da casa xogo co meu can e o meu gato, fago fotos coa cámara, xogo ao escondite, a master chef. Tamén o que fago sempre a todas horas é botarvos de menos a todos. O primeiro dia de saia da casa querería ir a Picariños e verbos a tod@s. Espero que isto suceda pronto.CHAO :3

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, aínda que na casa non hai parada e estamos ben, como nos botamos tod@s de menos!
      Xa queda menos, Dália, e Picariños, despois de máis dun mes pechado, vai a estar a tope de mercancia ;-)
      Cova

      Eliminar
  12. Oli! Son Nerea e neste confinamento o que máis me gusta é que non teño que madrugar tanto. Estes días engancheime moito a "Pesadilla en la cocina",con Chicote;D.Tamén xoguei ás cartas, pero non á escoba senón ao MENTIROSO. Encontrei un libro na casa chamado "Keko e as aventuras da ecopanda":o. O outro día fixen ioga pola noite e corrín a trote.O que faria o primeiro dia de salir seria invitar aos meus amigos\as.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Anoto tamén o Mentiroso para xogar na clase cando volvamos. A ecopanda debe estar confinada nalgún punto do Camiño de Santiago, estabamos por León máis ou menos,non? Pobres! ;-)
      Nerea, ademais de Chicote segue practicando con eses doces riquísimos que nos traías, Delicias na cociña. Mmmm.
      Cova

      Eliminar
    2. O outro dia fixen trenzas, pizzas e biscoitos de limón. Nerea

      Eliminar
  13. Aprendemos a facer mais cousas ca familia como por ejemplo cociñar, xogos de mesa, saltamos a corda (e vaia risas nos votamos) ademáis temos duas novas mascotas Rex e Perla dous cans de caza.Aaaah e o papagaio xa case canta a canción da cucaracha jajajaja.Ruben

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Rubén eu desde o balcón xa escoito ao teu papagaio cantando a cucaracha. Dentro de nada xa lle ides a aprender a rianxeira ;-). Rita

      Eliminar
  14. Rubén xa nos ensinarás foto dos novos cans. O teu papagaio que non esqueza que quedou de intentar vir facernos unha visita; que siga practicando a ver se para cando veña xa nos canta a canción enteira :-)
    Cova

    ResponderEliminar
  15. o mellor da cuarentena foi ver videos de youtube
    e tanen farcer puzles

    ResponderEliminar
  16. Oliiii:) son Noa, o mellor do meu confinamento foi salir a aplaudir todolos dias as 8:00 e neso descubrin que os meus veciños existen :D e tamen poder pasar mais tempo cos meus pais :) no que mais orgullosa estou e que gracias as tegnoloxias puden montar en bicicleta na wii claro ;) Eu comformome con salir a fora e pasar un dia fora con amigos e con a familia :3 Nesta cuarentena a miña nai olbidouselle como conducir ben e rompeu o coche :D

    ResponderEliminar