luns, 15 de xuño de 2020

Comeza a conta atrás! Cinco,

Hoxe propóñovos ir de visita ao Museo do Prado. 
Imos entrar na súa colección de obras de arte e, máis concretamente, nunha escolma de obras mestras. Visitade desde a casa esas 15 obras mestras, poñede moita atención, porque despois teredes que superar un test para demostrar a vosa capacidade de observación. Pasade as imaxes das obras de arte coma nun carrusel, premendo nas fechas que aparecen nos lados.

Premede na imaxe e entrade no Museo do Prado. 

https://www.museodelprado.es/coleccion


Agora tócavos demostrar se tedes boa capacidade de observación ou se sodes máis ben despistados/as. 😉

Seredes capaces de obter entre 12 e 15 puntos no cuestionario?  
Probamos ?

Cando rematedes facede un comentario contando que vos pareceu a visita e seguide descubrindo artistas e obras na colección do Museo do Prado.

Premede no enlace ou na imaxe. Cuestionario Museo do Prado.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSenb9Z1tv9J3hHOEVjGr511TtAbIWooDj5rhCHK3OVKjBkkUg/viewform?usp=sf_link

Ningún comentario:

Publicar un comentario