sábado, 13 de marzo de 2021

Estrela Rosalía

Este venres estivemos a probar os circuítos en papel con adhesivo de cobre, unha das posibilidades de traballar coa electricidade que trouxera ao cole Paola Guimaráns cando estivera en novembro. Desta vez preparamos unha postal con Rosalía e a súa estrela, que alumea o universo a 240 anos luz do noso planeta.

"As estreliñas todas que aló no espazo están, 

sorrindo nos miraban con suave claridade".

As nosas postais alumean para lembrar a importancia de Rosalía para as nosas letras e a nosa cultura.













2 comentarios:

  1. A min encantoume o que fixo Dalia :)
    Noa

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois a min gústame máis o teu, porque o meu e unha caquiña ;V

      Eliminar