Hoxe tivemos a sorte de participar nun obradoiro de regueifas con Josiño da Teixeira e Lupe Blanco. Rianxo é un dos concellos que impulsa o proxecto educativo Enreguéifate!, que busca promover a improvisación oral en verso e en lingua galega, por medio da difusión da regueifa.
Josiño e Lupe ensináronnos os trucos para compoñer boas coplas e ao rematar o obradoiro xa marchamos tod@s regueifando. Continuaremos...
Grazas Lupe e Josiño! Encantounos!
A min gustoume moito!!!!
ResponderEliminarque chulo que pena quenon puden estar haí.
ResponderEliminar